Precisamente esta mañá se acercaban algúns dos habituais do Corgo a comprobar esa definitiva obra, que o alcalde dicía nos medios que resolvería para sempre os problemas dos cheiros no lugar, e un deles, tan malicioso como sempre, non tardou en buscar pegas.
Resulta que si non se fai nada quéixase e agora que o fan, tamén se queixa. A verdade é que non sei por que lles fago caso porque isto parece que é amolar por amolar. Pero cóntolle o que dicía e a ver si vostedes o interpretan igual ca mín. Aí vai.
Pero non se gastaron centos de miles de euros en canalizar o río separando as fecais e pluviais para que non pasara isto?
Non o fixeron ademais con empresas especializadas de fora do Grove para que saíra ben a cousa porque as de aquí non sabían?
Como é que facendo todo iso, non resolveron o problema? E que, a pesares de enterrar máis de 300.000 euros do Plan E I neste terma, non se resolveu e sigue a cheirar?
Quere dicir isto que as empresas especialistas deixaron todo como estaba?
E o tipo non quedou aí porque incluso lle dicía aos compañeiros, cando estes sen embargo aprobaban as obras,.... pero non vos dades conta que ademais agora teremos que pagar de novo unhas obras polas que xa habiamos pagado?.... e a verdade que aquí xa foi tamén cando me fixo pensar que o noso amigo "agoireiro" seguro que ten razóns para estar tan cabreado.
Será certo o que di, e todas estas obras, que en teoría tiñan que quedar resoltas co Plan E I, as teremos que pagar de novo? e incluso nos queda a dúbida de que, finalmente, o fin polo que se contrataron aquelas obras cumpra o obxectivo, porque se seguen saíndo cheiros do río é porque as augas (fecais e pluviais) veñen mescladas, non separadas e entón dis ti pero para que carallo jastaron aquela burrada de cartos dende a Ijlesia ata o Corjo?, e o peor, acabará o conto aquí?
No hay comentarios:
Publicar un comentario