O PP de O Grove estará na mesa de discusión do POL, pero non permitirá que un imputado por tres gravísimos delitos lle dea leccións de comportamento ético.
O Grove, 1 de marzo de 2010.-
Ante as manifestacións do alcalde nas que anuncia a convocatoria dunha xuntanza onde partidos políticos e asociacións empresariais e sociais debatan e, se fose o caso, consensúen unhas alegacións, no Partido Popular de O Grove pensamos que xa está tardando demasiado.
Non deixa de ser sospeitoso este repentino interese cando ata o de agora sempre nos tiveron de lado e cando por este asunto (o urbanístico) non moveron un só dedo dende que tomaron posesión a pesar das ducias de promesas sobre o mesmo.
Cónstanos que o documento do POL está en posesión do concello dende fai varias semanas e ata o de agora nin contactou coa oposición para falar do asunto nin sequera lles facilitou a documentación, ao contrario que algúns colectivos.
Con motivo das anteriores xuntanzas, cando se elaborou un documento conxunto coas suxestións a este Plan, o goberno quedou en ternos informados e incluso avisarnos cando os técnicos da consellería se achegasen a O Grove, pero nada de iso sucedeu.
Tampouco nos casa a preocupación do alcalde cando di, que se pode ir o traste o traballo de meses do equipo redactor. Non é crible, non nos fiamos da palabra de quen permanentemente mentiu sobre este asunto e non moveu un só dedo por solucionar o problema máis importante que ten o concello sobre a mesa (PXOM) en preto de tres anos de mandato.
Todo o mundo coñece, a postura do Partido Popular neste asunto. Solicitamos, urximos e ofertamos colaboración incondicional para sacar adíante este documento co que nos sentimos moi comprometidos por absoluta responsabilidade.
Negáronse sistematicamente a formar a Comisión de Urbanismo que puidera ir traballando e marcando criterios no que seria o noso ordenamento e negáronse incluso a escoitar os nosos continuos ofrecementos de consenso nesta materia.
É por elo ademais, que ao ler as manifestacións do alcalde non podemos abstraernos polas burdas e malintencionadas alusións que fai ao Partido Popular de O Grove.
Nin nos vai pillar neste asunto, posto que dende o principio do mandato lle estamos a esixir que se mova, que faga algo, nin lle vamos permitir que en ningún momento poña en dubida a lealdade que este partido tivo sempre cos veciños de O Grove asumindo e afrontando as súas responsabilidades; cousa que el está a demostrar que non é capaz i este repentino interese, ven máis dado por tapar algún dos seus problemas que realmente por resolver esta situación.
Se quere a nosa colaboración non ten máis que convocarnos e iremos a discutir con todos sobre a situación; pero o que debera ser unha chamada a colaboración e o consenso, “trufalo” con afirmacións como as feitas polo alcalde dicindo que “ a ver si o PP local, por primeira vez pensa máis nos intereses dos veciños que nos seus propios e únase a defensa dos intereses colectivos” é algo que non lle vamos a permitir.
Non alcanzamos a entender como unha persoa sobre a que pesan tres presuntos delitos gravísimos, que está imputado como presunto autor dos delitos de prevaricación, de negociación prohibida a funcionarios e de tráfico de influencias ten a desfachatez de acusar a ninguén sen fundamento de ningún tipo, se permite dicir mentiras continuamente, culpa covardemente aos demais do que el fixo e pon ao noso concello, nunha das máis delicadas e vergonzosas situacións nas que se ten atopado.
Quen así se atopa, que para desgraza é o noso alcalde, carece de lexitimidade para chamarlle a atención a ninguén; polo que, por respecto a todos máis lle valera estar caladiño.
Estaremos onde se nos chame, onde lle fagamos falta ao noso concello, saberemos defender os seus intereses pero non admitiremos de ningún xeito leccións de quén, por actuar precisamente en interese duns pouquiños, (e ademais da casa) está na situación xudicial na que está.
No hay comentarios:
Publicar un comentario