miércoles, 24 de marzo de 2010

O goberno cuatripartito supuxo nestes tres anos, un grave retroceso no acceso ás novas tecnoloxías e á información na vila do Grove.

Imagen procedente del blog de J.R.Mora

O Grove, mercores 24 de marzo de 2010.-
Cando o Partido Popular do Grove saiu do goberno no ano 2007 deixou funcionando tres aulas de Internet e tres zonas wifi. O goberno cuatripartito pechou as tres aulas e inhabilitou dúas das tres redes wifi.
O Partido Popular de O Grove cree que todolos veciños e veciñas da vila teñen dereito a acceder gratuitamente á cultura e a información e que as novas tecnoloxías supoñen un importante avance nese acceso libre a cultura e á información. Por ese motivo instalamos tres aulas de internet na Casa da Cultura “Lueiro Rey”, na Casa da Cultura “Vazquez Hereder” e no local social “das Baladas”, coa fin de ir ampliando o número de postos informáticos progresivamente. Así mesmo se habilitaron zonas wifi nas tres instalacións coa fin de que calquera persoa que tivera un portatil, puidera acceder a internet dun xeito totalamente gratuito, dentro e fora das instalacións.
Estes servizos tiveron unha grande aceptación e demanda: os estudantes ían consultar internet, facer traballos e imprimilos,os adultos a facer trámites, escanear documentos ou consultar o correo electrónico, algunhas persoas acudian as aulas para comenzar a iniciarse no mundo da informática.......Estes servizos son especialmente importantes en épocas de crises, como na que nos atopamos, e na que moita xente non pode permitirse mercar ordenadores ou pagar acceso a internet, pero necesita acceder aos servizos para a busca de emprego, información ou realizar traballos escolares.
Pero queda demostrado que, unha vez máis, ao goberno cuatripartito non lle interesa que os veciños e veciñas da vila poidan disfrutar do acceso libre a cultura e á información: enseguidiña pecharon as tres aulas de Internet e deron de baixa as redes wifi da Casa da Cultura de San Vicente e das Baladas.
Deste xeito, mentra unha veintena de ordenadores, varias impresoras, escáneres e videocamaras están a criar moho nas instalacións pechadas a cál e canto, os veciños e veciñas de O Grove son privados do disfrute e uso deses servizos e instalacións e teñen que desplazarse á bibliotecas dos pobos veciños, onde sí dispoñen destes servizos dun xeito totalmente gratuito.
O Partido popular do Grove xa reclamou en numerosas ocasións a reapertura da Casa da Cultura de San Vicente (que por fín parece que é cousa de dias logo das insistentes queixas deste Partido e dos veciños) e o restablecemento das redes wifi en San Vicente. Por iso nos preguntamos para que temos unha concelleria de Cultura e para que temos unha concelleria de Innovación e Industria ? Que significa innovación no cuatripartito?. Ou acaso pensan que o pobo do Grove non merece estes servizos?.

No hay comentarios: