lunes, 22 de febrero de 2010

O Caso Cacabelos nas tertulias do Corgo

Estes días O Corgo é unha olla a presión. Non se fala doutra cousa que do xa coñecido como Caso Cacabelos.
Algúns dos habituais queixábanse incluso do tempo que non lle permite dar o paseíño de costume e ir comentando as xogadas do noso alcalde que semella estar máis só "que la una". O teñen que visitar dende fora do Grove, o seu secretario xeral !!nada menos!!; pero xa veremos si non terá que lamentarse desta bonita excursión.
O máis chamativo do asunto, comentaban os nosos amigos "politólogos" do Corgo, é que ninguén do PSOE do Grove di nada. É que non ten partido aquí este filliño? Onde están os "baróns" que normalmente se pronuncian e dan as ordes sen dar a cara? Ou será que no Grove non existe o PSOE?.
A verdade que a sensación é triste, algúns compañeiros de goberno (non todos), aínda que coa boca pequena, delloren o seu apoio, pero o seu partido no Grove, !!nin pío!!.
Isto non pinta ben, comentaban os nosos veciños cando se refuxiaban da choiva debaixo dos soportais da lonxa.
Un deles, máis avispado, introduciu outra variable do asunto, que se lle perdeu a este agora en Ribadumia? non terá bastante que rascar aquí, como para ocuparse dos demais?. Debe pensar el que con esas saídas, acusando aos demais, vai distraernos do que el todavia non deu explicacións aos seus veciños, pero unha vez máis equivócase.
Quén e el, nestes momentos, para pedir explicacións a ninguén?. Dicían neste corrillo, que si iso pasase tamén en Ribadumia, debería ser castigado do mesmo xeito e ninguén debe actuar desa maneira tan impune, sectaria, de claro favoritismo, etc., pero o asunto "cheira" máis a "vendeta", a represalia que a outra cousa, senón aos tribunais como lle fixeron a el. Si non o fai é, que o único que lle interesa a este é desviala atención e que nos esquezamos do del. Con iso non se arranxa nada.
A nós, os veciños de O Grove, ninguén nos deu unha explicación do que sucede, e a situación nunca foi tan grave para un alcalde do noso concello, polo cal que se deixe de espallar merda nos demais que el ten bastante que sacudir. Non seguimos reproducindo o que alí (nos baixos da lonxa) se dicía, porque a partires dese momento a linguaxe recrudeceuse moito i xa era malsoante. Supomos que a cousa non acabará aquí, e que nos próximos días teremos noticias do que se di nas tertulias do Corgo.

No hay comentarios: