miércoles, 27 de enero de 2010

Rogos e preguntas do Partido popular no Pleno de 25 de xaneiro de 2010

Consello Sectorial de Turismo
No mes de setembro pasado, os colectivos empresariais que forman parte do Consello sectorial do Turismo (Emgrobes, CiT., AA.HH. e Amegrove) solicitaron unha xuntanza urxente do mesmo para debater sobre o funcionamento deste órgano e a participación destes colectivos no mesmo, ante o nulo éxito das súas propostas e o escasa participación que se lles dá no mesmo.
Días máis tarde, o alcalde pediu aos mesmos colectivos que ante o inminente inicio da Festa do Marisco este debate se pospuxese para unha vez finalizada a mesma, prometendo que a xuntanza seria convocada a última semana de outubro.
Tódolos colectivos aceptaron a proposta, pero de igual xeito están esperando a convocatoria. Ante a falla de información que temos dos resultados da Festa, ante o desatino que supón a non participación en Fitur e as lamentables declaracións que o concelleiro-responsable dá como desculpa, e porque xa van catro meses dende a última xuntanza, é polo que ROGAMOS, Que o alcalde cumpra a súa palabra, convoque a xuntanza de inmediato, a non ser que cando se refería a última semana de outubro estivese pensando na de 2010.

Limpeza alcantarillas
ROGASE tamén, que o concello inicie un plan de limpeza do alcantarillado para evitar o máis posible a cantidade de problemas, de desbordamentos, etc. que estamos observando ao longo do inverno e que están a causar moitos problemas inclusive nas propiedades privadas.

Arranxo camiños Reboredo e Gandariña
Unha das zonas moi transitadas no lugar de Reboredo é o camiño da Gandariña.
Son moitos os veciños que viven no lugar e diariamente teñen que convivir con un dos camiños que de seguro peor está de cantos temos no concello.
Os seus veciños van comprobando como os nosos gobernantes van desgranando na prensa cada a cantidade de cousas que fan e arranxan.
Comproban tamén como distintos fondos, da Xunta, do Plan "E", da Deputación, veñen O Grove i eles xa empezan a pensar si ese tramo da parroquia de San Vicente foi segregado por alguén e xa non pertencen ao Grove. Por elo e no seu nome, ROGAMOS; Que o arranxo deste camiño, a través do Plan que máis lle guste ao cuatripartito, (eles, xuráronnos que no lle van poñer pegas) se leve a cabo de inmediato.


Wifi das Balada e San Vicente
Na etapa de goberno do Partido Popular no Grove instaláronse nas Baladas (centro social) equipos de informática co obxecto de facer chegar a tódolos puntos do concello (tamén se fixo, no local de San Vicente) o mellor aceso posible ás novas tecnoloxías. Funcionou durante un tempo ata que, coa chegada do cuatripartito, isto deixou de prestar servizo. Non sabemos si por abandono, por descoñecemento ou porque consideran que nesa zona non é necesario. É por elo que, ROGAMOS Se faga o necesario para que estes equipos estean operativos, se lles dea de alta unha liña ADSL e se poñan ao servizo dos colectivos veciñais que alí levan a cabo a súa actividade.


Premio Manuel Lueiro Rey
Logo de moitas denuncias sobor do funcionamento do Premio Literario Manuel Lueiro Rey, que o noso entender foi maltratado ata o punto de saltarse unha edición, comprobamos nesta ocasión que se están a facelas cousas con certa dilixencia e corrixindo erros anteriores polo cal, felicitamos a concellería responsable por enderezalo rumbo deste certame que se atopa entre os máis importantes de Galicia na súa categoría.

No hay comentarios: