Rafael Louzán Abal achegouse ao Grove o 23 de decembro para participar nunha xuntanza promovida polo Partido Popular do Grove. Rafael aproveitou tamén a ocasión para desexar unhas Felices Festas xa que, segundo as súas propias verbas, “cada vez que se achega ao Grove é por asuntos oficiais e de axenda, polo que non sempre hai tempo para saudar e conversar”.
Miguel Pérez foi o encargado da apertura do acto apuntando que “este era o momento para plantexar ao presidente diversos temas, que afectan ao desenrolo da nosa vila, como é o caso do PXOM que está na man do cuatripartito, que semella non querer levalo adiante, a pesar de que o Partido Popular puxo a súa disposición os sete votos cos que conta na Corporación”
A esta cita non só acudiron militantes e simpatizantes do Partido Popular, se non tamén representantes de colectivos e asociacións do Grove e numerosos veciños e veciñas. Todos eles e elas puideron conversar con Rafael Louzán e plantexarlle as súas preocupacións, queixas o suxestións , nun ambiente distendido e tranquilo.
Foron máis de dúas horas nas que o Presidente atendeu e respostou a todas e cada unha das preguntas realizadas, propoñendo solucións e amosando o seu compromiso cos veciños e veciñas desta vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario