viernes, 2 de octubre de 2009

Política social vs. Política socialista

Como vedes, hai dúas formas de facer política social: unha, a do PSOE, é subilos impostos para que sexan os galegos os que paguen os efectos da crise. Outra, a do PPdeG, é rebaixalos para axudar aos cidadáns a saír do bache.

Uns gastan moito en coches de luxo; outros, moito en estradas.
O PSOE sube o prezo da gasolina; o PPdeG baixa o das peaxes.
Uns equiparan as familias de rendas altas e baixas á hora de pagar libros de texto; outros empéñanse en que os que menos teñen menos paguen.
Uns tratan de impoñer o galego, outros tratan de promovelo respectando a liberdade individual.

En Galicia, que non te confundan: Non é o mesmo POLITICA SOCIAL que POLITICA SOCIALISTA.

No hay comentarios: