martes, 6 de octubre de 2009

MOCIÓN PARA A EXENCIÓN DAS TAXAS PORTUARIAS CON MOTIVO DA FESTA DO MARISCO.

EXPOÑO
Nos próximos días da comezo na nosa vila a XLVI edición da Festa do Marisco.
Este evento de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional vai facer que durante os días que dure a mesma, anos vila soporte un número moi importante de visitantes que ocuparan toda a súa oferta hoteleira e tamén se verá moi beneficiado todo o sector servizos.

O mesmo sucederá coas vilas do noso entorno que tamén se verán beneficiadas por esta avalancha de xente que cada mes de outubro se acercan ao Grove atraídos polo marisco que cada dia os nosos mariñeiros arrancan a este fermosísimo e riquísimo mar de Arousa, e logo outros profesionais, os da hostalería coas súas mans expertas transforman nuns manxares inigualables.

Ademais do gran atractivo que supón a OFERTA GASTRONÓMICA, o Grove ofrece aos seus visitantes multitude de alternativas de ocio tales como, mostras folclóricas, certames musicais, simposio de escultura, exposicións, etc.

Para todo elo, é necesario habilitar no espazo portuario de O Corgo todo tipo de instalacións móbiles que supoñen unha ocupación importante de metros cadrados en terreos propiedade de PORTOS DE GALICIA , tal e como estamos a comprobar nestes días.

Este espazo, ten unhas taxas de ocupación que supoñen un importante gasto que sumar aos xa de por si cuantiosos gastos de soporte deste evento que beneficia non só ao Grove senón a toda a comarca, i é por elo que,

SOLICITO:
Que para axudar a mantelo equilibrio nas contas da Festa do Marisco e como unha axuda máis desa consellería, o ente público PORTOS DE GALICIA aplique o novo criterio da calculo nas taxas de ocupación para este tipo de eventos.

No hay comentarios: