Logo de asistir durante todo o verán ao espectáculo dado polos membros do Partido Galeguista, un xa non sabe que pensar, pero o certo é que todo o que toca o noso amigo Bea, acaba en anacos.
A verdade é que o Partido Galeguista é pequeniño de todo pero ata o de agora moi unido, foi chegar este e mailo asesor e saltar todo en anacos. O mesmo fixo na Federación Galega de Piragüismo, non parou ata que a rebentou. O mesmo camiño leva agora na Española e non vos digo nada do caso de Filipe Besada, que pensou que como era un club pequeniño coma eles "se lo merendaba en dos tardes" e saíulle respondón. En fin, que a aquel calificativo de "sheriff" terémoslle agora que engadir o de "rompelotodo".

Ata os nosos maiores que tanto frecuentan O Corgo, para desfrutar destas tardes de verán que nos quedan andan asustados; cando o ven entrar ou saír do concello fanse o "longuis" asubiando e mirando para os paxaros coma nos chistes pois teñen medo que lles meta unha multa.
E por que, si nós non fixemos nada ? dicíalle un paisano a outro. Por si o pensas ou para cando o fagas, como lle fixo a Chesqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario