jueves, 24 de septiembre de 2009

As interminables obras do Plan E


O engano, improvisación e retorcida xestión que se fixo do Plan E provoca que, pasados os prazos asinados para as súas execucións, están sen rematar a maioría das obras do citado plan.
Logo da multitude de queixas que provocaron a maioría das obras acometidas a través do Plan E, estamos a comprobar o retorcido, arbitrario e caprichoso da súa adxudicación (ademais do menosprezo e insensibilidade que mostraron coas empresas grovenses) que meses despois do prazo establecido nos contratos firmados están sen rematar.
Para exemplo baste mencionar o que se fixo coas adxudicacións na rúa da Igrexa e rúa Rosalía de Castro e tamén en Conmeniño.
A pesares de ser dúas adxudicacións (225.000 euros e 227.000 euros nas rúas, Igrexa e Rosalía de Castro) estamos a comprobar que se trata dunha única obra. Recorreron ao truco (por ser suaves) de partir a obra en dúas, aínda que non sexa certo, para evitar un concurso público e poder deste xeito dar a dedo a obra a quen a eles lle conviña.
O pior do caso é, que logo deste xeito de retorcer a legalidade, de ter estas rúas levantadas durante todo o verán e unha inactividade total durante o mesmo, de prexuízos inclusive económicos a negocios da zona e a multitude de queixas de todo tipo que as obras provocaron... aínda están sen rematar, cando o prazo de execución firmado no contrato é de dous meses (adxudicación do 17 de marzo) e xa estamos rematando setembro.
Atendendo as palabras do Alcalde, de que adxudicaba as obras a empresas de fora do Grove por seren máis eficaces i estaren máis especializadas cas nosas ¿era a todo isto, ao que se refería? ¿eran estes os especialistas cos que nos ía sorprender?.
En Conmeniño a situación, aínda que distinta, non é mellor. Coñecendo de antemán o inicio do curso e logo de adxudicar a obra a primeiros de abril e cun prazo de execución de tres meses, estamos case que en outubro e no lugar está a traballar unha brigada do máis exigua (a maioría do tempo un par de obreiros) que fan imposible rematar a obra en tempo. Namentres o curso empezado e os críos facendo ximnasia no patio (menos mal que non chove) non sabemos durante canto tempo aínda pero non vai ser pronto.
Recordo que, ademais do alumnos do propio centro, neste pavillón adestran a diario tódolos equipos de baloncesto e balonmán da vila que tamén están a sufrir as consecuencias desta circunstancia difícil de entender cando para elo contamos cun equipo de tres liberados no concello que cada vez entendemos menos a que se dedican.
Capitulo aparte merecerá algunha obra do citado plan que aínda a dia de hoxe non ten comezado.

No hay comentarios: