Logo da mentira e o engano a nova estratexia do cuatripartito consiste en saltarse “porque si” tódalas normas, ben sexan xurídicas, ben sexan urbanísticas.
Nunha fuxida cara adiante, sen facer caso dos continuos avisos dende a oposición, o Alcalde empeñase en xudicializar a vida política grovense.
Logo de coñecer a decisión do xulgado de Cambados de abrir dilixencias en relación a un presunto delito de prevaricación administrativa, o Partido Popular do Grove non ten máis que lamentar que circunstancias como esta se estean a dar no noso concello, aínda que logo de comprobar a maneira de actuar deste Alcalde non cabía esperar outra cousa.
Nos días precedentes destapaban os medios de comunicación a irregular e ilegal maneira de traballar do mesmo en asuntos como o da apertura dunha rúa que non existe no noso planeamento, ou a maneira de proceder para construír o edificio administrativo, que aínda hoxe non conta co proxecto de execución e xa se está construíndo.

Contrasta esta pouca dilixencia, saltándose tódalas normas e procedementos (aínda se cometa con elo ilegalidades) coa enérxica esixencia que se lle impón aos veciños que teñen que pasar unha manchea de trámites para cambiar os azulexos nun cuarto de baño.
Non podemos obviar tampouco o que está a pasar coa contratación das obras do campo de Lampáns que mereceu que moitos dos construtores participantes nesta licitación maila propia Federación de Empresarios da Construción na provincia botasen abaixo cos seus recursos o mencionado (e irregular) proceso.
Quedoulles aínda vergoña para culpar aos técnicos municipais dos fallos do proceso, cando todo o mundo coñece que algunha destas empresas dispoñía con moita anterioridade da documentación necesaria (información privilexiada) e houbo presións para que fora gañadora do concurso. Aínda hoxe, ninguén explicou que pasou neste caso, aínda que supoñemos que ao igual que no Plan E deberían collelas obras, aqueles que logo financian determinadas entidades deportivas, como explicara o concelleiro do ramo.
Do mesmo xeito, saltáronse tódalas normas posibles para construír nalgunha zona cualificada como plan especial e suspendida na actualidade. Tamén se constrúe no Grove en solo rústico común e non pasa nada.
Queremos recalcar ademais, logo de todo o padecido por este grupo municipal en tan solo dous anos de goberno cuatripartito, a persecución a que algúns dos seus membros sometidos e utilizando para elo cartos públicos, aínda cando eran conscientes que o motivo acusador era falso; unicamente buscaban a liquidación do inimigo que é así como ven eles aos seus adversarios políticos.
As ironías da vida fan agora que, os que fomos perseguidos e levados inxustamente aos xulgados contemplemos “dende a barreira” como é o Alcalde (o verdadeiro instigador daquela trama) o que debe pasar por ese trance e neste caso por unha decisión que tamén tomou el (espero que nesta ocasión non sexa culpa nosa) atrevéndose a desafiar o establecido nun proceder inxusto, arbitrario e tan fora de lugar que os prexudicados ao final somos tódolos veciños que asistimos con asombro a este bochornoso capítulo.
Os nervios que ultimamente nos atribúe non son precisamente nosos. É certo que existen, están aí, pálpanse cada dia pero máis ben no lado deste nefasto goberno e Alcalde que nos tocou padecer.
A medicina que intentaron aplicar aos demais finalmente van ter que tomala eles, namentres pacientemente esperamos que o tempo poña a cada quen no seu sitio

No hay comentarios:
Publicar un comentario