Logo de moitos meses, de promesas que xa ninguén cree e unha falta de actitude máis que demostrada, resulta descorazoador e desconcertante: primeiro a foto que vimos nos pasado días ao respecto do PXOM e logo as declaracións do Sr. Bea dicindo que se xuntaron para falar de filosofía.
Menuda tomadura de pelo aos veciños de O Grove e aos axentes máis directamente implicados e dependentes deste área, pola que este goberno non mostrou xamais interese algún.
Pois namentres eles falan de filosofía na nosa vila todo está practicamente por resolver, precisamente pola carencia dun PXOM.
Tódalas actuacións pendentes, as que eles precisamente se marcaron como folla de ruta, teñen unha dependencia total da resolución deste documento. Pero non só esas (as deles) senón tamén as dos veciños e as dos que viven directa ou indirectamente deste sector. Son moitos os que non poden acometer os seus proxectos por non ter unha norma na que ampararse e por tanto non existan garantías xurídicas. Terán que seguir esperando ante a impasibidade dos que teñen a obriga de resolvelo pero néganse a facelo por unicamente, un interese partidista equivocado, medo as consecuencias ou ter que desdicirse de moitas afirmacións coas que enganaron aos veciños.
Namentres, seguirase a discutir sobre a ubicación e necesidade de solo industrial, do desenrolo das parcelas portuarias-que si existen pero non teñen un plan de usos definido-, de onde colocar o auditorio, de cales deben ser as vías de comunicación alternativas, etc.etc.etc.
O conto de sempre, por non ter a valentía política necesaria de sentarse co conxunto da corporación e poñerse a traballar que é o que necesitamos para darlle un cambio a esta situación e ordenar definitivamente a nosa vila.
Como tantas outras veces, invitámoslles a que o fagan e a que conten con nós.
Xa se ten perdido demasiado tempo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario