O Grove, 21 de febreiro de 2009.- Tra-lo anuncio do próximo cambio no sistema de xestión da zona azul da rúa Castelao, resulta evidente que o único obxectivo do Goberno local ao implantar parquímetros é recadar máis cartos, algo que, segundo o membro do Grupo municipal do Partido Popular Alexandre Aguín, “confirma o propio concelleiro de Seguridade Cidadá ao querelo desmentir xa de antemán”.
Aguín lembra que o regulamento da zona azul do Grove “xa recolle a posibilidade de sancionar aos coches que permañezan estacionados máis de hora e media”, así como a indicación de que se multe “aos que modifiquen o disco horario sen mover o vehículo”. Un regulamento que, engade o concelleiro popular, “mesmo foi modificado hai uns meses no Pleno para ampliar as medidas sancionadoras, decisión que foi criticada polo noso grupo municipal”. Agora, apunta, “parece que, malia esa ampliación, o Goberno considera que aínda non recada o suficiente e por iso sae co dos parquímetros”. Con iniciativas como esta, “o cuatripartito pretende que os cidadáns paguen do seu peto a incapacidade do Goberno para solucionar problemas”.
IMPOSICIÓN E ALERXIA AO DIÁLOGO
Alexandre Aguín salienta que “se o concelleiro Fredi Bea quere que as cousas funcionen ben, que aplique o regulamento e se deixe de excusas”. Admitindo a complicación que supón dar máis mobilidade á rúa máis comercial do Grove, o PP sinala que ninguna vila dos arredores ten implantada a ORA, “que é unha medida que se aplica en grandes ciudades” e entende que coa instalación de parquímetros, “lonxe de solucionar o problema, o que se vai conseguir é unha espantada de vehículos e tráfico cara outras rúas”.
Doutra banda, con esta decisión, “o concelleiro Fredi Bea se reafirma na súa alerxia ao diálogo, que prefire sempre substituír pola imposición, posto que pretende aplicar esta medida sen ter sequera unha xuntanza cos comerciantes nin coas asociacións económicas do Grove”

No hay comentarios:
Publicar un comentario