Temos noticia a través de algúns pais que teñen os seus nenos na Escola Infantil de Rons, que pouco antes das datas do Nadal, profesionais de atención directa aos nenos (educadoras) recibiron algún tipo de consigna por parte de responsables do Consorcio Galego de Servizos Sociais (departamento de onde depende esta Escola) no senso de non celebrar esas datas de maneira ostentosa no referido sobre todo aos seus "matices relixiosos" consustanciais coa celebración destas festas
¿ É certo isto ?
¿Tiña vostede coñecemento desa circunstancia ?
E se fose así, ¿ permitiuno ?
**********************************************************************
Seguindo con temas relixiosos, de igrexa, que parece que a vostedes ultimamente lles molestan tanto.
Temos noticias, por veciños da parroquia de San Vicente, preocupados polo asunto, que ante as posibilidades que están a barallar para a ubicación do futuro Centro de Dia, contemplan con agrado a posibilidade de ubicalo na zona de As Baladas, concretamente no ámbito que ocupa toda a zona de ocio e servizos comúns das Baladas.
Parque infantil, local veciñal, das mulleres rurais e dos comuneiros, capela i entorno axardinado iríanse ao traste.
Parece incluso que o feito de colocar ultimamente no tellado da capela o campanario foi un dos factores que botou atrás ou restou posibilidades a esa "macarrónica" idea de colocar o Centro de Dia alí.
¿ É certa esta posibilidade ?
¿ Serían capaces de desfacer toda aquela área de ocio e servizos para aquela parroquia, que tanto custou conseguir, como fixeron dun plumazo coa piscina de Peralto ?

No hay comentarios:
Publicar un comentario