jueves, 11 de diciembre de 2008

Inauguración da estrada interior de San Vicente

Fotografía procedente de www.todogrove.com
O pasado sábado dia 6, foi un dia moi importante no Grove e moi concretamente para os veciños de San Vicente que por fin viron como a carretera que discorre pola súa parroquia unindo San Martiño e San Vicente estaba rematada.
A inauguración correu a cago do Presidente da Deputación, Sr. Louzán que acompañado polo vicepresidente Sr. Durán, varios alcaldes da comarca, e membros da Corporación grovense co alcalde á cabeza máis un numero importante de veciños que non quixeron perderse este momento.
Descubriu unha placa conmemorativa ao pé dun conxunto escultórico que representa un carro tirado por dúas vacas, dos que nalgún tempo era moi habitual ver nesa parroquia. A obra foi levada a cabo polo artista local, Rafael Meis. Tamén estivo presente no acto axudando ao Presidente da Deputación a descubrila peza que para sempre (no lugar das Baladas) dará testemuño do seu bo facer como traballador da pedra.
A carretera de algo máis de sete km. de largo, presenta un aspecto magnifico, cun excelente acabado que colmou as expectativas de tódolos veciños. Na mesma investíronse seis millóns de euros (incluídas as expropiacións) converténdose nunha das maiores inversións do organismo provincial, que financiou a actuación na súa totalidade, cando o habitual é que o concello onde se atopan o vial no que se actúa, tamén poña unha porcentaxe para a mesma.
Nesta caso, ademais de importantes cambios no trazado que melloraron notablemente a seguridade, actuouse nos núcleos de poboación, construíndo máis de 16.000 mts2 de beirarrúas e deixando debaixo das mesmas moitísimos tramos de novos alcantarillados, de recollida de augas pluviais, así como o enterramento de liñas para canalizar a electricidade e a telefonía.
Repuxéronse tódolos muros e finalmente colocáronse cinco modernas marquesiñas que darán cobixo aos veciños e sobre todo os rapaces na súa espera do bus escolar. A sinalización tanto horizontal como vertical é abundante e precisa co cal se melloran os niveis de seguridade de xeito importante.

NORABOA A TODOS E, DE XEITO ESPECIAL, AOS VECIÑOS DE SAN VICENTE.

No hay comentarios: