miércoles, 29 de octubre de 2008

De Leria polo Corgo


Acabo de saír da taberna de tomalo café como cada día e tamén de botarlle unha ollada ao xornal e tódolos días atopo algunha noticia referida ao control dos gastos que parece van a aplicar os concellos, comezando polos salarios dos propios alcaldes e concelleiros. Non sei que mosca lles picou agora porque iso si que é o chocolate do loro. Pero bueno, non está mal predicar co exemplo. Segundo leemos tamén, enteirámonos que estas medidas véñenlles de arriba. Tanto PSOE como PP enviaron papeliños aos seus alcaldes para que tomaran estas medidas, ¿serian capaces de facelo eles sen que ninguén llelo dixera? mmmmmm...............
E chámame a atención porque namentres lía a noticia hoxe de que o tiñan aplicado en non sei que vila de novo, recordei que o mes pasado o PP de O Grove propuxo isto mesmo no pleno do noso concello e o noso alcalde, con toda a orquestra que ten detrás, dixo que nones e ademais cabreándose cos que o propoñían.
¿ Será verdade iso que se empeza a oír da intransixencia deste home ?
¿ Non lle seria moito máis fácil aceptar a proposta, que total a está a recomendar tamén o seu partido?
Si non a aceptou porque a proposta a fixo o PP, está escollendo moi mal camiño, ou será como din algunhas malaslinguas que aseguran que cando se fala do soldo aí non se toca

No hay comentarios: