O adianto electoral deixará a Galicia sen Goberno ante dous grandes retos: o novo financiamento autonómico e a negociacións dos orzamentos.-
- Se o adianto electoral se confirma, Galicia pode enfrontarse sen Goberno a dous grandes retos para o seu futuro máis inmediato: o da reforma do modelo do financiamento das comunidades, e o da aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado.
- Para o PPdeG, a decisión está tomada a falta de que Touriño adicase estos días a atopar a forma de explicar un adianto electoral que lle impuxeron.
- Parece que está a tratar de buscar a coartada nas eleccións vascas, o cal sorprende porque non se ve tan preocupado ao lehendakari pola data das eleccións galegas.
- O PSdeG trata de minimizar os efectos da “política do engano” que mantiveron durante meses, negando unha crise económica que agora non saben afrontar.
- O PSdeG pretende adiantar as eleccións coa esperanza de que os galegos non aprecien en toda a súa dimensión os problemas económicos que afectan a Galicia.
- En todo caso, o que pide o PPdeG a Touriño é que despexe canto antes a incógnita da data das eleccións, posto que é unha irresponsabilidade sumar á incerteza económica a incerteza política.
- A data da eleccións depende unicamente dos intereses partidistas do PSdeG e non dos intereses dos galegos.
- A reunión mantida por Touriño e Blanco en Monte Pío é unha clara mostra de uso partidista das institucións. Utilizaron a residencia oficial da Presidencia da Xunta para celebrar unha reunión de partido, na que aínda por riba se puxo en coñecemento dun cargo do PSOE información privilexiada e datos de enquisas pagadas con fondos públicos da Xunta que obran agora en poder de Blanco pero non dos deputados que representan á cidadanía galega.
- Para o PPdeG, o feito de que o PSOE en Galicia e o BNG non vaian ser capaces de esgotar a lexislatura demostra as dificultades que desde o principio tiveron para gobernar, e ofrece unha lectura clara ao conxunto da cidadanía galega: que a fórmula de Goberno aplicada durante estes tres anos non serve para Galicia; que non vale repetir o modelo durante catro anos máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario