Un dos lugares sen dúbida máis fermosos do Concello de O Grove, coa enseada que dormita baixo A Serpe, a praia da Lavaxeira e Moreiras pechando o conxunto, é tamén un bulicioso lugar de traballo onde hoxe temos instaladas varias das empresas máis punteiras do noso concello. Nese lugar e sobre todo nese mar, fórxanse tamén campións na disciplina do remo que alí entrenan a cotío.
A pasada semana visitouna o Director Xeral de Portos de Galicia, para comprobar "in situ" o lugar e prometer unha serie de melloras portuarias que desexamos se fagan realidade.
O que nos chamou a atención é o lamentable estado en que se atopa este zona tan fermosa e puxante que outros durante anos intentamos mellorar.
Na zona portuaria, as parcelas están impresentables, cheas de maleza, de entullos, de residuos de todo tipo e a zona máis urbana realmente sucia e descoidada. O paseo de madeira está impracticable debido as silvas e as herbas que se apoderaron del, por falla de mantemento ademais de roto nalgúns tramos.
A zona de praia, moi descoidada e sen mantemento, a fonte sen auga e a caseta da Asociación de Veciños caéndose a cachos.

Solicitamos que o goberno de O Grove tome nota destes temas, os teña en conta para próximos orzamentos si fose necesario e que mande limpar de inmediato toda a zona, fundamentalmente o paseo de madeira que está nalgunhas zoas impracticable i ademais é moi barato facelo.
So fai falla ordenalo i estar pendentes das responsabilidades que cada un ten. Isto que para calquera parece tan fácil i obvio non debe selo tanto para os membros do goberno, que a pesares de paseala zona co Director Xeral de Portos non se percatan i iso que cobran por elo.
Non realizámola visita co Director Xeral porque coma sempre non fomos invitados, pero a diferenza dos que teñen a obriga soemos visitar e comprobar o estado dos distintos lugares do concello.

No hay comentarios:
Publicar un comentario