Sr. Alcalde, que ó grupo de Goberno, e o que para nós é máis importante, os nosos veciños o teñan ben claro: o Partido Popular quere unha E.D.A.R. para O Grove. E sabedores da gran importancia de dita infraestrutura, non só para o noso pobo, se non para o conxunto da Ría de Arousa, se centraron os esforzos de xestión necesarios para a consecución da mesma.
Pero non a houbésemos querido daquela nin a queremos agora en Laxe de Rons nin en ningún outro lugar do noso concello que supoña para os nosos veciños un prexuízo máis ca unha vantaxe.
Propoñemos e defendemos como máis axeitada a súa ubicación na zona do Corgo, o igual que no seu día fixera o pleno desta corporación, (coa apoio do seu grupo o PSOE, encabezado polo seu pai, sr. Alcalde e a excepción do BNG, os do non, como sempre), Portos de Galicia, Augas de Galicia co total compromiso cara a súa construción na zona do Corgo do mesmísimo conselleiro de Medio Ambiente, o socialista Pachi Vázquez, que incluso nesas datas 2006 se personou no noso pobo para comprobar a idoneidade da ubicación e nin el nin os técnicos que o acompañaban manifestaron que a ubicación non fose adecuada.
Pero ademais da ubicación, o que defendemos é a tipoloxía do tratamento e depuración das augas residuais; dadas as características do noso concello e do seu entorno, consideramos máis axeitado ó modelo de depuradora compacta, máis reducida, con depuración por procedementos fisicoquímicos fronte a súa proposta de reactor biolóxico.Son varios os motivos para defender a nosa proposta, que é a mesma que o conselleiro socialista aprobaba naquelas datas, repito. Pero sobre todos eles o que máis peso ten de por si é que nesta ubicación do Corgo non se prexudica a ninguén.
* Non se prexudica os veciños de Terra de Porto, Rons, Porto Meloxo, Boibas e Virxe das Mareas, que logo de manifestarse camiñando polas nosas rúas encontra do seu capricho, sr. Cacabelos, de pórlle unha depuradora e os seus problemas a porta das súas casas e que coa súa presenza no pleno do 26/12/07 e neste mesmo salón consistorial así llo expresaron sr. Alcalde.
Si vostede pensa que estes veciños non teñen razón, que non lles preocupa o que poida pasar pola incidencia da EDAR na merma da súa calidade de vida e se xustifica vostede nos informes dos técnicos, que dan por feito a problemática dos cheiros (pax. 5, apa. 1.3 “ el problema de los vientos reinantes en el Corgo de componente norte reinantes en verano, podrían introducir olores de la depuradora en el casco urbano” (Faro 15/12/07).) e que estes mesmos técnicos proclaman que “ ...nadie quiere una depuradora a la puerta de su casa. Iso podemos comprendelo.” (escoitado por min na exposición do proxecto o venres 15/12/07). Saiban eses técnicos que con vento do Norte os cheiros, que neste modelo de reactor biolóxico serán máis frecuentes, con vento Norte os cheiros tamén afectaran a lugares onde residen veciños do Grove.
¿ Pode ser sr. Alcalde que sexa que a vostede a calidade de vida dos veciños destes barrios non lle interese o máis mínimo? O que a vostede realmente lle interesa é que lle cumpran os seus caprichos coma os nenos malcriados. E cobrar a fin de mes o seu xeneroso e mal ganado soldo pagado en parte cos impostos destes veciños os que agora despreza.
Pola contra, vostedes persisten no seu empeño de facer realidade un torpe capricho dalgún político de medio pelo o cal a súa vaidade e ansias de notoriedade non lle deixa ver máis alá do seu flequillo.
Vostede quere condenar a estes veciños a soportar os cheiros nas súas casas de por vida. Quixéronos embaucar con todo tipo de promesas e contraprestacións a cambio de “deixar facer”. Mesmo lles organizaron unha viaxe a depuradora de Moaña, na cal, para a súa fatalidade, os veciños puideron coñecer as penurias que lles agardan.
Non esquezamos que urbanísticamente O Grove debe crecer cara a Virxe das Mareas, Ardia, S. Vicente...¿ Ten xa pensado sr. Alcalde como vai a compensar aos veciños propietarios de terreos próximos á súa depuradora pola perda de valor que elo supón?
O Partido Popular faise partícipe da preocupación e incertidumbre creada nos profesionais do sector da acuicultura, do conserveiro, do extractivo, todos eles sectores estratéxicos para a xa de por si fráxil economía do noso pobo e con importantes instalacións no entorno da súa depuradora, que ven como vostede está a poñer en perigo o seu futuro e o futuro das súas familias. Me estou a referir á perda da calidade das augas do mar pola carga contaminante das augas vertidas ó mar polo emisario. (ver proxecto 1...6).
Resulta bastante elocuente que se este a falar de incrementar a lonxitude inicial do emisario de 250 m, do cal non hai adquirido ningún compromiso en firme e por escrito por parte da Xunta, e dado o custe que elo pode ter, moito nos tememos que non o haberá. Pero aceptar tan solo a idea de incrementar a lonxitude do emisario é tanto como aceptar que a calidade das augas vertidas ao mar non será nin por asomo o ideal que vostedes pensan e que como nos tememos que a lonxitude do emisario será a prevista no proxecto, tamén nos preocupa a máis que probable perda de calidade das augas, actualmente zona A, das poucas en Galicia.
Resulta bastante elocuente que se este a falar de incrementar a lonxitude inicial do emisario de 250 m, do cal non hai adquirido ningún compromiso en firme e por escrito por parte da Xunta, e dado o custe que elo pode ter, moito nos tememos que non o haberá. Pero aceptar tan solo a idea de incrementar a lonxitude do emisario é tanto como aceptar que a calidade das augas vertidas ao mar non será nin por asomo o ideal que vostedes pensan e que como nos tememos que a lonxitude do emisario será a prevista no proxecto, tamén nos preocupa a máis que probable perda de calidade das augas, actualmente zona A, das poucas en Galicia.
Dita perda de calidade das augas pode provocar nos sectores xa mencionados, depuradoras de mariscos, cetarias, cocederos que se abastecen de auga desta zona, pode provocar importantes problemas de viabilidade nas súas empresas, ata o punto de que algunha nos ten transmitido a posibilidade de marchar ou mesmo de pechar. Preocupante.
E lle direi máis. Logo de asistir a exposición do proxecto e de escoitar as respostas que ditos técnicos lles daban a veciños preocupados que viven no entorno de Laxe de Rons, teño cada vez máis a firme convicción de que si o Goberno decidise facer a EDAR na Siradella, eles presentarían un proxecto que a proporía como a ubicación máis axeitada. Cuestionámonos e moito a competencia dos técnicos que elaboraron o seu proxecto, e o que é máis preocupante, cuestionamosnos a súa imparcialidade.
Falemos agora do custe da construción en Laxe de Rons, tres millóns e medio de euros máis. Foron numerosas as ocasión nas que vostede sr. Alcalde se ten queixado de que o concello arrastra un déficit de 400.000 €.
Sr. Alcalde, a súa neglixencia o precede. ¿ que non se faría en moitos lugares do Grove con ese despilfarro de tres millóns de euros? Iso si. Para paliar este déficit, vostede o tivo fácil. Que paguen máis impostos os veciños. Para que me vou a matar xestionando recursos diante das Administracións.
Pero e que se lle esquece a vostede tamén o custe que suporá ter tres novos bombeos, enormes e dun consumo enerxético impresionante, para seren capaces de bombear para Laxe de Rons as augas fecais da maior parte do Grove. Súmense tamén os custes de mantemento tamén importantes e non moi inferiores os que resultarían do modelo de depuradora que nos propoñemos.
Ademais, si se opta por un modelo de cesión da xestión da EDAR a unha empresa externa especializada, elo tamén terá un custe engadido para o concello. Pero iso ten fácil solución. Como xa é habitual en vostede, para incrementar os ingresos, incrementamos os impostos ós veciños e asunto concluído. Que nos importa o custe económico.
Dun xeito moi expeditivo estamos a contemplar cal é para o PSOE o verdadeiro significado do gasto público e asemade a resposta tantas veces buscada de por que os gobernos socialistas sempre acaban en crises.
Nesta primeira intervención non quero deixar de comentar un aspecto sumamente transcendente e que dada súa importancia o deixo intencionadamente para o final.Trátase de lembrar aquí a realidade do espazo natural no que se atopa o concello do Grove.Como xa vostedes saberán, son diversas as figuras tanto nacionais como internacionais que a través do ordenamento xurídico lle confiren o noso pobo un status ambiental realmente incomparable e mesmamente envexable.
O Grove atópase enclavado no complexo Intermareal Ons-O Grove e Umia-O Grove, con espazos da nosa franxa litoral vinculados a Rede Natura 2000 e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con espazos naturais e humedais incluídos no Convenio de Ramsar, regulados por diferentes directivas europeas de conservación de aves silvestres e directiva de hábitats, zonas ZEPA, zonas LIC,...
Como ven, elo lonxe de representar un problema e para o noso pobo a meirande das súas virtudes;a riqueza e diversidade do seu patrimonio natural.Isto vese traducido nun potencial atractivo de altísimo valor engadido tanto dende o punto de vista ambiental como turístico.E é competencia exclusiva das autoridades deste concello, tanto dende o goberno como dende a oposición, habilitar iniciativas conservacionistas e apostar por formas de desenvolvemento sumamente respectuosas con estes singulares espazos naturais.
Laxe de Rons, lugar elixido para a construción da EDAR atópase no entorno de dunha área xeográfica de sensibilidade ambiental que, sen dúbida algunha se verá afectada por dita actuación.A súa importancia e interese foi posta de manifesto pola entonces presidenta do CES, Marta Lois, nunha interesante reunión mantida co anterior Alcalde, Miguel A. Pérez, e co seu compañeiro de goberno e daquela concelleiro de Medio Ambiente, servidor Fernando Meis. En dita reunión, dende o CES a súa presidenta nos solicitaba diferentes actuacións a levar a cabo para corrixir algúns erros, revitalizar ecoloxicamente e preservar un espazo, para este colectivo de capital importancia. Casualmente, coincidía co manifestado co anterior presidente, sr. Xaquín Pomares, nunha anterior reunión mantida comigo, na que destacaba a extraordinaria importancia de toda a zona costeira de Rons.
Laxe de Rons, lugar elixido para a construción da EDAR atópase no entorno de dunha área xeográfica de sensibilidade ambiental que, sen dúbida algunha se verá afectada por dita actuación.A súa importancia e interese foi posta de manifesto pola entonces presidenta do CES, Marta Lois, nunha interesante reunión mantida co anterior Alcalde, Miguel A. Pérez, e co seu compañeiro de goberno e daquela concelleiro de Medio Ambiente, servidor Fernando Meis. En dita reunión, dende o CES a súa presidenta nos solicitaba diferentes actuacións a levar a cabo para corrixir algúns erros, revitalizar ecoloxicamente e preservar un espazo, para este colectivo de capital importancia. Casualmente, coincidía co manifestado co anterior presidente, sr. Xaquín Pomares, nunha anterior reunión mantida comigo, na que destacaba a extraordinaria importancia de toda a zona costeira de Rons.
A avaliación de impacto ambiental de proxectos constitúe a ferramenta máis adecuada para a preservación dos recursos naturais e a defensa do medio ambiente. É a forma máis eficaz para evitar as agresións contra a natureza, proporcionando unha maior fiabilidade e confianza na toma de decisións. A avaliación de impacto ambiental non é máis ca o conxunto de estudios e análises técnicos que permiten estimar os efectos que a execución dun proxecto determinado pode causar sobre o medio ambiente, tanto físico como socioeconómico, para previr repercusións futuras non desexadas.
Por todo o aquí exposto e en base a actual lexislación vixente, Lei de Impacto Ambiental de Proxectos do Real Decreto Lexislativo 1/2008 de 11 de xaneiro, o Concello do Grove como promotor do proxecto ten a obriga de elaborar un Estudio de Impacto Ambiental no prazo que determine a Xunta de Galicia por se tratar dunha planta de tratamento de augas residuais superior a 10.000 habitantes-equivalentes.
Unha vez a vista e en función do que estime oportuno o informe de Avaliación de Impacto Ambiental, se aceptará ou desestimará a zona proposta de Laxe de Rons como ubicación da nova EDAR. Esta información que agora aportamos a todos os concelleiros, espero que os faga reflexionar, dado que elo lle outorga unha nova dimensión ó verbo prevaricar.
Así mesmo, se fai necesario a redacción dun Plan de Riscos onde se analicen as posibles emerxencias por accidente de verquido e se elabore un plan de actuación ante dita emerxencia ou outras posibles non previstas na avaliación inicial.
Quero rematar dicíndolle, sr. Cacabelos, que o rumbo do seu goberno non é o adecuado. En oito anos de bo goberno o Partido Popular tivo sempre como principal obxectivo de traballo mellorar na medida do posible a calidade de vida dos nosos veciños. Política de benestar.Para facer realidade o seu irrazoable capricho o que vostede lle está a impoñer a estes veciños é unha política de incomodidades diarias
No hay comentarios:
Publicar un comentario