Estamos nos primeiros días do mes de xullo e tradicionalmente (dende fai máis de 50 anos) nesta época do ano celebrábase na Ila da Toxa o tiro de pichón.
Detrás da propia actividade, que a uns pódelles gustar máis ou menos, atopábase un autentico revulsivo, que xuntaba tódolos compoñentes propios de calquera evento de calidade polo que suspira calquera destino turístico. Axudaba a rompela estacionalidade; mobilizaba un número moi importante de persoas e como todo o mundo coincide, cun perfil de cliente alto que ademais estaba fidelizado.
Curiosamente, o luns pasado visitou O Grove, o conselleiro de Medio Ambiente para coa conivencia do cuatripartito certificalo enclave dunha EDAR onde a poboación e os profesionais do sector da acuicultura rexeitan. Foi unha pena (os grupos da oposición non fomos invitados) que ninguén lle preguntase por este asunto que con tanto celo axudou a finiquitar. Para o goberno de O Grove, evidentemente é un tema molesto e a pesares de coñecer o enorme prexuízo que está a causar na economía de moitas empresas do noso concello nin o alcalde nin outro grupo dos que conforman o goberno, e que tanto dixeron facer polo tema se preocupou de aproveitala ocasión e prantexar o asunto.
Logo dun ano de desgoberno, onde en materia turística o máis destacado é que desapareceu a concellería do ramo; lonxe das marabillosas iniciativas que nos prometeron e que ningunha se concreta, estamos asistindo pouco a pouco o desmantelamento do que con tanto esforzo por parte de tanta xente se veu construíndo durante anos.
O ano pasado desmontaron unha das iniciativas máis novedosas e ben acollidas por parte de todo o mundo como foi, o servizo de aluguer de bicicletas que ten unha importante demanda; máis adiante comprobamos como a promoción turística do concello (arma imprescindible nos tempos que corren) foi desatendida ata facela desaparecer; tamén a piscina de Peralto que tanto éxito tiña lle molestaba e a destruíron tirando pola borda máis de 18.000.000 de pts.e prometendo outra que ninguén sabe onde está; a Festa do Marisco todavia non se presentou este ano, coa perda de efectividade que terá o non facelo nos primeiros meses do ano; a vila está sucia, desaliñada, etc. etc. etc.
A verdade é que da pena escribir sobre estes temas, cansos de escoitar que o mundo do turismo, da hostalería, do comercio, é un dos pilares fundamentais da nosa economía, namentres, os que teñen a responsabilidade de poñer en práctica todo aquilo que nos prometeron, seguen iso si, facéndolle honores os profesionais deste sector seguindo de vacacións

1 comentario:
1º. Defender o tiro de pichón só por motivos económicos ("a uns pódelles gustar máis ou menos") pode equipararse a defender unha marea negra porque algúns reciben diñeiro sen traballar, ou porque outros fan diñeiro ao venderen material. De todas as maneiras, poderíades publicar datos económicos sobre a primeira quincena de xullo en Ogrobe durante os últimos anos? Así poderíamos ver se existe unha decadencia do sector turístico en xeral, ou todas as perdas veñen do tiro de pichón...
2º. Facer demagoxia co aluguer das bicicletas (ninguén se lembra do servizo de préstamo?) e con aquela "piscina" (e pór datos 'económicos', por favor...) non di nada ao voso favor.
3º. Dicir que a Festa do Marisco vai perder efectividade sen probar por qué é gratuíto, e propio de análises pouco serias e, outra vez, demagóxicas.
4º. Sobre o turismo como pilar básico da nosa economía... talvez hai varios anos que se debese cuestionar seriamente o modelo económico municipal.
É evidente que o sector turístico deixa diñeiro en Ogrobe. Mais non todo o mar é peixe:
-O turismo modificou fortemente moitas zonas da nosa vila, polas cales os mecos xa non se sinten cómodos durante o verán.
-A xuventude (e máis xente) non ten oportunidades de traballo máis que 2 ou 3 meses no ano, polo que son moitos os que teñen que emigrar (Canarias, Andorra, Madrid, Catalunya, Reino Unido...).
-A dependencia do sector turístico bloquea a emerxencia de outro tipo de industria, que non é tan agresiva socio-culturalmente para Ogrobe, e que pode oferecer oportunidades de emprego durante todo o ano.
-O sermos marca turística axudou a que o noso litoral estea cada vez máis urbanizado, a nosa paisaxe modificada, e a nosa identidade en perigo (e a economía non pode loitar contra iso).
-A potenciación dun turismo de baixa calidade, e sen contidos culturais organizados é incompatible con outro tipo de visitantes menos agresivos para a nosa vila.
Nalgúns deses puntos o goberno actual está a traballar; noutros, non.
5º. Un partido que para algunhas persoas é considerado un partido serio non debería publicar unhas noticias tan pouco elaboradas e con unha carga de opinión (e non de análise) tan elevada.
Publicar un comentario