Congreso provincial da Coruña
A renovación do PPdeG, a mellor fórmula para superar o obstáculo para os galegos no que se ten convertido o bipartito
- Esta fin de semana, no Congreso Provincial do PP de A Coruña, Carlos Negreira convertiuse no novo presidente do partido na provincia.A renovación do PPdeG, a mellor fórmula para superar o obstáculo para os galegos no que se ten convertido o bipartito
- O PPdeG felicita a Negreira, por saber gañarse o apoio maioritario dos afiliados do partido e situarse como punto de encontro dos militantes do PPdeG na Coruña.
- O PP da Coruña conta cun presidente provincial que sabe traballar en equipo, que se compromete ao máximo en cada función que desenvolve e que ten un caracter xeneroso e humilde.
- O Congreso foi unha victoria de todos os militantes do partido.
- O PP da Coruña sae da cita congresual máis unido, preparado e reforzado pola democracia interna.
- Con Congresos como o da Coruña, o partido está a cumprir co compromiso da renovación que adquiriu hai máis de 2 anos no Congreso rexional do PPdeG.
- A renovación do PPdeG é a mellor fórmula para superar o obstáculo para os cidadáns no que se ten convertido o Bipartito.
- O Bipartito se ten convertido nun obstáculo para o progreso de Galicia e para a liberdade individual dos cidadáns.
- Diante desta situación, o PPdeG faise máis necesario que nunca para abrir unha nova xeración política en Galicia marcada pola limpeza, a eficacia e a liberdade, que se perderon durante estes tres anos de bigoberno.
- O PPdeG é a Galicia actual e a Galicia do futuro. Abrirá unha nova era política en Galicia. A través de compromisos e propostas.
- O PPdeG esforzaráse en sumar cada día máis galegos aos 800.000 cidadáns que confían na forza maioritaria en Galicia.
*********************************************************
Congreso Nacional do PP
Todos aqueles que esperan que ao PP lle vaia mal sentiranse defraudados o 22 de xuño
- Trala celebración do Congreso Nacional, todos os nosos adversarios políticos que desexaban que nos fose mal verán frustrados os seus peores augurios.
- Os membros do Partido Socialista, que se están a frotar as mans polo que está a pasar no PP, van ter que frotalas moito para entrar en calor, porque vanse quedar fríos despois de ver o éxito do Congreso, en xuño.
- Co partido socialista vai mal a economía; cada mes destrúense centos de empregos; a sanidade é un desastre; e temos que recoller os frutos da política autonómica que aplicaron, co Plan Ibarretxe, cunha política da auga baseada en trasvases ideolóxicos e co financiamento desigual das Comunidades...
- España precisa do PP, dun partido que cre na liberdade individual, dun partido reformista, dun partido que demostrou que os seus métodos son a xestión eficaz e dun partido que non se pecha a ninguén.
- É necesario o esforzo de todos os afiliados para superar estes momentos precongresuales, non exentos de dificultades.
- Non deixemos que sexan outros os que nos queiran definir a través de falsas etiquetas.
- Dentro do PP, todos queremos o mesmo, aínda que haxa contraste de ideas para obter esa meta, e non debemos perder nunca esa perspectiva, nin a de quenes son os nosos adversarios políticos. Todos queremos un partido máis forte e preparado e debemos traballar por elo.
- O PP superará este momento con éxito como xa o fixo fai vinte anos. E se somos capaces de facelo, hoxe como entón, Galicia, vinte anos despois, volverá a marcar o inicio dunha nova etapa política en España, liderada por un partido fundado por un galego, presidido por un galego e que é como os galegos: cordial, aberto e tolerante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario