lunes, 28 de abril de 2008

Plenos doo Grupo Municipal Popular de 28 de abril de 2008

TEMA 1 : POLITICA DO GOBERNO

Sr. Alcalde, as probas son máis que concluíntes; ou como dicía o anuncio “ el algodón no engaña”.
O seu é un goberno de lacazáns e preguiceiros. E para confirmar e dar maior criterio o que acabo de dicir non hai máis que ver a orden do día deste pleno, que o igual que sucedeu nos anteriores, e realmente patético. E que ninguén se esqueza que o Goberno conta con tres concelleiros liberados.

Por outra banda, é arrepiante a falla de desempeño amosada por algunhas concellerías as que xa caseque nun ano de mandato pouco ou nada se lles veu facer. A lista negra do claro exemplo de mala xestión está conformada polas concellerías de Medio Ambiente, Xuventude, Persoal, Turismo, Transporte, Urbanismo, Innovación e Industria, e a que se leva o ramo nesta desafortunada clasificación, a pesares de ter ó seu responsable con dedicación exclusiva, non sabemos a que se dedica, é a de Vivenda e Solo.
Pero o que máis nos preocupa, subxeccións políticas aparte, é a escaseza de ideas, de novas propostas, de brillantez do seu Grupo de Goberno, formado maioritariamente por xente nova a cal se lle presupoñen de ante man certas cualidades.

Esta desastrosa falla de xestión ten trazas de se levar o seu punto máis elevado na próxima redacción dos Orzamentos Municipais, para o cal xa se fixo público que aproximadamente se situaran nos 9 millóns de €.
¿ Como lle queda o corpo, sr. Alcalde, o coñecer que o Concello da Illa de Arousa, un concello que veu a luz hai moi poucos anos, con moitos menores recursos e poboación que o noso, vai ter uns Orzamentos para este ano de algo máis de 6 millóns de € ?
Sen ningunha dubida elo ven a demostrar que o Alcalde da Illa, o contrario que vostede, si soubo como xestionar inversións para o seu pobo diante dos gobernos tamén socialistas da Xunta e do Estado.
Iso si. O sr. Alcalde si que xestionou de marabilla a subida das taxas municipais. Anótese vostede este éxito.
Lle adiantamos que pola nosa banda, nos Orzamentos deste ano observaremos con moito interese as partidas orzamentarias dos capítulos IV e VII do apartado de ingresos.
Nos consta sr. Cacabelos, que nos primeiros días do seu mandato visitou vostede unha manchea de despachos. Talmente semellaba vostede unha reencarnación de marco Polo. Pero si ben o celebre viaxeiro xenovés obtivo históricos beneficios para a nosa civilización, polo contrario os seus viaxes foron a todas luces un fiel reflexo da súa ineptitude como xestor.

Pero ¿ sabe vostede quen son os principais prexudicados da súa ineficaz xestión?. Si señor Alcalde, eses mesmos. Os mesmos os que lonxe de arranxar os seus problemas como faría un político responsable, as súas decisións irrompen no transcurso das súas vidas para crerlle novas preocupacións.

Recorde vostede ós veciños dos barrios de A Graña, Ardia, Tte. Domínguez, Xoán XXIII e Borreiros. Tema: planta de gas.
Os veciños de S. Vicente, Balea e Reboredo. Tema: campo de fútbol das Lampáns.
Os veciños de Virxe das Mareas, Porto Meloxo, Boibas ,Rons, Ctra. do Conde, Terra de Porto.
Tema:EDAR en Laxe de Rons.
E non só vai a “festa” por barrios senón que tamén a diversos colectivos.
Así o sector da hostalería. Tema: tiro de pichón na Toxa.
Sector inmobiliario e da construción. Tema: PXOM.
Comité de empresa dos traballadores do Concello. Tema: incremento salarial unilateral a dous empregados.
E ata os veciños asistentes á Procesión de Venres Santo para a cal non xestionou a presenza habitual da banda de música.
E xa non falaremos do trato dispensado ós grupos da oposición en temas tan importantes como a redacción de Ordenanzas Municipais ( de ruído, fiscais, orzamentos...). Ou a información e asistencia a actos organizados polo Concello como institución, que non lle vou a explicar o que isto significa.

Con toda seguridade este comportamento, a veces absolutista, se vexa motivado polo seu estatus como un alcalde elixido por uns concelleiros e que non conta co apoio maioritario dos votos dos veciños.

Despois de todo o aquí relatado, ¿pode ter vostede a desvergoña de dicir que o seu é un modelo de xestión e bo goberno?
Tal vez este sexa o rogo máis importante que o noso Grupo político teña feito ata agora.

Dende o Grupo Municipal Popular ROGAMOS se mude esta política actual de confrontación por unha novo xeito de facer política dende o entendemento e o dialogo cos grupos da oposición e con todos os veciños.

No hay comentarios: