Fai escasos días, celebrouse de novo o Dia dos Maios. Dende fai uns anos, esta ancestral tradición foi recuperada polo anterior goberno do PP con notable éxito.
Ademais da iniciativa do concello cabe resaltar a implicación que na mesma puxeron tódolos colexios, anpas (fundamentalmente a do colexio Valle
Inclán) e asociacións veciñais no desenvolvemento da mesma.
Concursos, exposicións e inclusive grupos de rapaces que compoñían e logo cantaban as letrillas, formaban parte dun vistoso programa que ano a ano estaba acadando cotas cada vez máis importantes.
O pasado dia 1, pola contra asistimos a un pobre e lamentable espectáculo como consecuencia unha vez máis, da indefinición, da corta visión, do desprezo e da machacona insistencia deste goberno por votar abaixo todo aquilo que ven do goberno anterior.
Namentres, de novo a concellería de cultura se desentendía deste acto da cultura popular, tiveron que improvisar a última hora, correndo e sen convición algunha; simplemente porque había colectivos e veciños que así o reclamaban, unhas actividades que por todo o visto resultaron penosas.
Ante a tradicional participación masiva en edicións anteriores, coa súa actitude provocaron que fuxiran os participantes.
Ante o número importante de obras que tradicionalmente observabamos na praza do Corgo o dia 1 e na praza de Arriba nos días posteriores, este ano TRES OBRAS, que retiraron os dous días para non pasar vergoña.
Todo un despropósito, achacable o alcalde, que unha vez mais e ante a falla de capacidade para liderar este conxunto de distintos intereses dos catro grupos que forman o goberno deixa de atender o interese de tódolos veciños, privándoos e conseguindo votar abaixo un dos actos mais vistosos e participativos que cada ano daba paso a primavera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario