Despois de que o Sr Jose A. Cacabelos cortase o meu dereito á replica nos rogos e preguntas do Pleno de onte luns 31 de maio de 2008, quero aproveitar os medios de comunicación para expresar o que me recoñece o Regulamento de Organizacións e Funcións ( ROF ) no que expresa claramente que no punto de Rogos e Preguntas PODERANSE RESPOSTAR POR ESCRITO A POSTERIORI PERO UNHA VEZ RESPOSTADO EN PLENO EXISTE O DEREITO A RÉPLICA.
Todo isto ben ao caso de que facendo uso do seu “talante dialogador” o Sr Cacabelos negoume o dereito á replica como concelleiro da oposición despois de que lle fixese unha pregunta ao Sr Mascato sobre o Programa Lendo Espero. (texto entregado onte)
Pois ben, despois das descaradas afirmacións que se escoitaron no pleno de onte por parte do Sr Antón Mascato, quero respostarlle publicamente o seguinte:
--> O escrito que vostede afirma que mo redactaron, FOI ESCRITO POR MIN
--> Vostede afirmou categoricamente que este mesmo luns tiña estado no Centro de Saúde e alí estaba todo en perfectas condicións, pois ben, descoñezo a doenza que o levou alí, pero está claro que esta lle afectou á súa vista i espero que se mellore pronto, xa que esta mesma mañá achegueime a comprobar as súas verbas, e só lle direi que o que alí atopei distaba moito de estar en perfectas condicións, xa que aquelo, claramente, levaba así mais dunha semana. Deixe de faltar á verdade tan descaradamente, cóllese antes a un mentireiro que a un coxo!
--> Das afirmacións que vostede fai respecto ao seu labor como concelleiro na regulación dos horarios, (e teño que dicir que me agrada enormemente que entre neste tema) teño que dicir que nas súas afirmacións falta completamente á verdade.
.......... É certo que dende que está vostede a biblioteca está aberta ao mediodía, pero non é menos certo, que cando o PP do Grove Gobernaba, a Casa da Cultura estaba aberta en horario de mañá e de tarde, non como vostede afirmou.
......... Que a biblioteca de San Vicente, cando o PP do Grove Gobernaba, estaba aberta os martes e xoves de 16:30 a 19:30 e os sábados pola mañá, dando a oportunidade a esta parroquia a acceder ao fondo bibliográfico que alí hai.
....... Que hai non tanto tempo, a Casa da Cultura do Grove, permaneceu pechada durante semanas enteiras polas tardes e polas mañás, debido a que vostede non foi quen de regularizar o horario da biblioteca mentres as traballadoras collían vacacións (como vostede recoñeceu) e non se lle dou solución aos innumerables estudantes que a diario se congregaban na porta esperando que alguén abrise para poder estudar e utilizar estas instalacións.
........ Que a renovación de fondos bibliográficos á que ser refería fíxose antes da súa chegada como Concelleiro. E a día de hoxe vostede non fixo ningún investimento na Casa de Cultura : nin en libros, nin en mobiliario, nin en nada de nada, como o demostran os orzamentos da súa Concellería
...... Que ata a súa chegada a biblioteca do Grove foi premiada en tres ocasións no Premio de Animación á lectura María Moliner a agora non se fai nin unha soa actividade para optar de novo a el
--> Na afirmación de que vostede fixo máis actos culturais que o anterior equipo de Goberno do PP, desmóntase por si mesmo, xa que só fai falla saír a rúa e ver o pouco que fai e que a maioría dos actos do 2007 (Certame de Habaneras, Premio Lueiro Rey, as poucas actuacións que houbo no verán...) quedaron organizadas polo goberno anterior. E vostede aínda se ve no dereito de escoller os actos que quere organizar, e os que non, escorre o vulto. Aínda menos mal que a Concelleira de Educación fai un esforzo por organizalos ela.
En todo caso, e para rematar esta resposta pública, só lle direi que a miña falta de presenza nos poucos actos culturais que vostede desenrola, se debe á falla de invitación pola súa parte á oposición (e como algúns sabemos, tamén a algúns membros do equipo de goberno). Cando o PP do Grove, gobernaba neste concello sempre respectamos as regras do protocolo (algo que vostede e o seu equipo de goberno debe descoñecer) e en calquera acto se lle facía extensiva a invitación a asistir a tódolos membros do Pleno do Concello, incluída á oposición. Tal vez debería deixar de colgarse medallas polos seus catro idiomas e, en todo caso, aprender algo de protocolo e cortesía e ,o que é moito máis importante: aprender a apreciar e respectar a cultura e tradicións do pobo ao que vostede representa como Concelleiro e do cal non coñece absolutamente nada.
Eu de moi poucos actos recibín invitación para asistir, pero dende a súa concellería non recibín nin unha soa.
Atentamente
Alexandre Aguín Castro
(Dereitos de autor incluídos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario