jueves, 17 de abril de 2008

ADIOS Á PISCINA DE CONFÍN

Fotografía procedente de www.todogrove.es

Rematouse a magnifica estampa que supoñía ver a ducias e ducias de crios disfrutar da piscina de Confín.
Estamos asistindo estes días, a execución dunhas obras (por parte de Costas e co consentimento do Concello) na praia de Confín e Paseo Marítimo, que son a constatación da sinrazón, a falla de planificación e o despilfarro dos cartos públicos, cando no noso concello existen lugares de costa moito máis necesitados de actuacións, ca este onde SE ESTÁ A DESFACER o que con tanto esforzo se conseguiu.
O ambiente de crispación, que este goberno imprimiu á acción de goberno e a obsesión por facer desaparecer determinadas accións do goberno anterior parecen ser a principal misión deste goberno que nos retrotrae a tempos e maneiras que xa estaban esquecidos por todos, botando terra a etapa política máis tranquila i eficaz que se lembra no noso concello dende que votou a andar a etapa democrática.
Non coñecemos o que se pretende facer con esta actuación no Paseo Marítimo, posto que non nolo dan a coñecer. Interesámonos no concello polo proxecto e ninguén sabía nada. O único que sabemos é o que estamos a contemplar estes días, DESFACENDO actuacións que levan en pé catro anos e que custaron unha manchea de cartos públicos, que eran do agrado de todos e moi utilizadas pola poboación convertendo a praia de Confín no principal lugar de ocio no casco urbano durante a primavera e o verán.
Namentres,a lugares do concello que si teñen moita necesidade dunha actuación, como pode ser todo o litoral de Virxe das Mareas ou a zona da Vía (dende a ponte da Toxa ata a Graña), que foron demandadas polos veciños en multitude de ocasións, seguen sen facerlle caso.
Que lle pregunten os veciños destes lugares que lles parece, que os seus barrios sigan cos seus litorais completamente degradados i este goberno e Costas decidan namentres romper unha zona que está perfectamente ordenada.
Asistimos, unha vez máis, a unha actuación do cuatripartito innecesaria, arbitraria, QUE NINGUÉN SOLICITOU, e onde se despilfarran cartos públicos sen sentido, cando hai lugares no Grove moi necesitados i esperando unha actuación deste tipo dende hai moitos anos.
Todo elo, ademais, sen o consenso de ninguén. En ningún momento, nin veciños nin corporación, foron informados do que alí se pretende.
A información pública brillou pola súa ausencia e os proxectos das obras deben estar agochados nalgún caixón do concello. Posiblemente, o mesmo onde está o PXOM, que ninguén sabe del.

No hay comentarios: