O exceso de contaminación, é un dos maiores problemas medioambientais aos que se debe facer fronte actualmente. As emisións nocivas procedentes dos vehículos, son causantes dunha grande porcentaxe de contaminación. Por iso, cada vez máis, cobra importancia a necesidade de mercar vehículos ecolóxicos e sensibilizar a poboación todo o que poidamos.
O RACC Automóbil Club, ven de publicar un estudo feito coa FIA Foundatión, e o clube alemán ADAC, onde se avalía o grao de contaminación de 114 vehículos, que se comercializan actualmente en Europa, e son verdadeiramente alarmantes. Ademais dos datos referidos á contaminación, tamén se fan, unha serie de propostas e conclusións, entre as que destacan:
O RACC Automóbil Club, ven de publicar un estudo feito coa FIA Foundatión, e o clube alemán ADAC, onde se avalía o grao de contaminación de 114 vehículos, que se comercializan actualmente en Europa, e son verdadeiramente alarmantes. Ademais dos datos referidos á contaminación, tamén se fan, unha serie de propostas e conclusións, entre as que destacan:
- o uso do transporte público,
- a solicitude de seguir investigando por parte da industria automobilística, na aplicación de combustibles alternativos ao petróleo
En canto ás administracións públicas, recoméndaselle que tomen medidas como:
- revisar a fiscalidade para incentivalos vehículos menos contaminantes,e
- levar a cabo inversións intelixentes en transportes e infraestruturas
A contaminación que producen os vehículos, ameaza a saúde dos habitantes das cidades e, a escala planetaria, contribúe ao requentamento do clima a través das toneladas e toneladas que diariamente se verten ao aire.
Son múltiples os estudos sobre as consecuencias da contaminación na saúde. Dende a Organización Mundial da Saúde, que afirma, que cada europeo que traballa está de baixa médica 0,5 días ao ano por diferentes enfermidades relacionadas coa contaminación, o que equivale, segundo cifras facilitadas pola Comisión Europea, a unha perda de 80.000 millóns de euros, e que cada ano máis de 75.000 adultos de máis de 35 anos, morren en cidades europeas, por exposición continuada a contaminantes procedentes do tráfico, ata os máis achegados ao Instituto de Estudos de Seguridade español, que alerta sobre a contaminación, provocada pola circulación de vehículos, causa cada ano, máis de 14.000 mortes en España.
Os beneficios están na mente de todos, pero destacamos:
- que se utilizarían enerxías limpas e menos contaminantes,
- non se producirían gases nocivos, nin contaminantes, nin ruídos,
- as enerxías utilizadas, son máis económicas que o petróleo, e
- os custes de mantemento e avarías son máis baixos.
En Francia, uns 8.000 vehículos destas características, xa circulan polas súas carreteras e a metade pertencen ás administracións e servizos públicos.
En España, que ao igual que os demais países industrializados, ten que reducilas emisións de dióxido de carbono e COL (segundo o protocolo aprobado en Kyoto) son varias as cidades que están apostando polo uso destes vehículos.
É por elo, que o Partido Popular de O Grove, propón ao pleno do Concello, a adopción dos seguintes acordos:
-Gozarán dunha bonificación do 75% na cuota incrementada do imposto, durante os catro anos seguintes ao da súa primeira matriculación, os titulares de vehículos eléctricos ou híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-gasoleo ou eléctrico-gas) ou que utilicen gas natural comprimido ou metano, hidroxeno ou enerxía solar.
- Para poder acceder, a este beneficio fiscal será precisa a previa solicitude do interesado acompañando copia do permiso de circulación e certificación de características técnicas do vehículo.
- A concesión do beneficio fiscal, surtirá efectos a partires do exercicio seguinte a aquel no que se solicite, salvo que dita solicitude presentarase antes do 1 de febreiro e non se trate dun alta por primeira matriculación. Neste caso, surtirá efectos no mesmo exercicio.
- O Concello de O Grove, dotarase a partires deste momento, de vehículos destas características.
O Grove, 21 de xaneiro de 2008
O Voceiro do Partido Popular. Miguel Angel Pérez García.
Resultado da votación: Aprobada por unanimidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario