domingo, 2 de marzo de 2008

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE AS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN A SUPRESIÓN DA TARIFA NOCTURNA

Fotografía procedente de www.todogrove.com
Exposición de motivos:

Dende o pasado 1 de xaneiro de 2007 (Real Decreto 1634/2006 de 29 de
decembro) tense establecido un novo cadro de tarifas para o consumo eléctrico no fogar (menores de 15Kw).
Establecéronse tarifas progresivas en función da potencia contratada, que a partires de agora non será "ilimitada" no horario val, polo que deberá contratarse a mesma potencia tanto para o horario punta (diúrno) como para o horario val (nocturno), algo que co anterior modelo de tarifa nocturna non sucedía xa que se contrataba a potencia en función do consumo necesario para as horas punta. Polo tanto, no sistema tarifario anterior non era necesario incluír no calculo de potencia a contratar o consumo de, por exemplo, os acumuladores de calor, así como daqueles outros aparellos que puidéranse utilizar soamente pola noite, ademais do prezo do kw.
consumido era o mesmo independentemente da potencia contratada.
Agora o prezo do kw. vai aumentando segundo vai aumentando o consumo, de maneira que fronte a dous tipos de tarifa vixentes ata o 2007, o novo decreto crea cinco tramos en función da potencia necesaria a contratar en cada un deles o prezo do kw. varia.
- 1.0 : Menor de 1 kw.
- 2.0.1: Entre 1 kw. e 2,5 kw.
- 2.0.2: Entre 2,5 kw. e 5 kw.
- 2.0.3: Entre 5 kw. e 10 kw.
- 3.0.1: Entre 10 kw. e 15 kw.
Cambia tamén o horario en que se aplica a nova tarifa, se antes era de 8 horas (de 23,00 a 7,00 en inverno e de 00,00 a 8,00 horas no verán) a partires de agora, o horario val aumentará ata 14 horas diarias para quedar do seguinte xeito:
- de 21,00 a 11,00 horas (inverno)
- de 22,00 a 12,00 horas (verán)

De tódolos xeitos, aqueles fogares que tiveran a tarifa nocturna 2.0 (antiga), poden seguir acollidos a esta tarifa segundo establece a disposición transitoria cuarta do citado Real Decreto nas mesmas condicións, pero agora a potencia a contratar, o igual que na nova modalidade, será a máxima prevista a demandar considerando tanto para horas punta como para horas val.
Este extremo foi modificado con posterioridade polo Real Decreto 871/2007 de 29 de xuño polo que se adaptan as tarifas eléctricas a partires do 1 de xullo do 2007 no que na súa disposición transitoria primeira (Adaptación da tarifa 2.0 con discriminación horaria nocturna) establece que a partires do 1 de xullo de 2008 desaparece a citada tarifa e que aqueles subministros que a entrada en vigor do citado Real Decreto estiveran acollidos á mesma ata a citada data.
Nestas casos (conservación do contrato antigo) o prezo do kw. será de,
- Hora punta: 0,099012 euros/kw/hora
- Hora val: 0,044899 euros/kw/hora
Estes prezos son considerablemente inferiores os da nova tarifa nocturna, se ben, o número de horas sen horario reducido tamén é menor. O prezo do horario punta é o dobre que o val e lixeiramente superior ao dun contrato normal, mentres que na nova tarificación o prezo da hora valle é moi similar (0,04 euros/kw/hora) mentres que o prezo en horas punta dispárase ata case triplicar o valle (o,12 euros/kw/hora).
Por todo o exposto, este Grupo Municipal proponlle o pleno da corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS,
1º. Que se requira a Xunta de Galicia para que as familias de este concello que tiveran contratada a vella tarifa nocturna 2.0 con discriminación nocturna, reciban o asesoramento necesario para que fagan axeitadamente a adaptación á nova tarifa de discriminación horaria.
2º. Solicitar da Xunta de Galicia a adopción dos mecanismos oportunos para minimizar o impacto económico que suporá para as economías domésticas do Concello de O Grove a devandita adaptación horaria.

O Grove, a 30 de xaneiro de 2008
Asinado: Miguel Ángel Pérez García
Voceiro Municipal Do Partido Popular

No hay comentarios: