miércoles, 13 de febrero de 2008

SEGUIMOS A VOLTAS COS NACIONALISTAS



¿ Que lles parece a maneira de proceder destes "demócratas" ante a conferencia de María San Gil na Universidade de Santiago ?
Están frescos aínda os acontecementos acaecidos fai uns días na Coruña e Vigo onde os "demócratas nacionalistas" AGREDIAN E PEGABAN os que se manifestaban pedindo que se dera igual trato o uso do galego e o castelán, sobre todo no ensino, e dende aquí denunciabamos.
Hoxe atopámonos, que a escalada sigue e a unha persoa invitada a dar unha conferencia na Universidade ( María San Gil ), é por este feito,ABUCHEADA, INSULTADA, COARTADA e os seus escoltas FERIDOS polos energúmenos de sempre, que alentados polos nacionalismo campan ás súas anchas, e nos demostran como respectan a liberdade de expresión.
¿ Son capaces de imaxinar o que pasaría si un militante do PP actuase deste xeito ante un conferenciante deles ?
¿ Ata cando temos que soportar esta ditadura dunha minoría de exaltados ?
¿ Pretenden que cheguemos ao que sucede en Cataluña ?
Por certo, que vos pareceu a amabilidade de Iñaki Gabilondo na súa entrevista a Zapatero en contraposición coa que lle fixo a Rajoy?
Ven isto a conto, porque na mesma, un televidente preguntoulle ao presidente, se ante un posible traslado deste a traballar a Barcelona, o presidente lle podería garantir que a súa filla puidera ser educada en castelán.
A verdade, que sen moita convicción e si moitos rodeos díxolle timidamente que si. ¿ Que pensan vostedes ? ¿ Atreveríase el, a facerlle cumprir a lei os seus socios cataláns ?
O NOSO CARIÑO E SOLIDARIDADE TAMÉN PARA ESA LOITADORA DA PAZ, E A LIBERDADE, que é MARIA SAN GIL
Artículos relacionados
*http://www.libertaddigital.com/noticias/kw/agresion/artistas/elecciones/galicia/independentistas/maria_san_gil/san_gil/santiago/kw/noticia_1276323452.html

1 comentario:

Anónimo dijo...

Y seguro que después de lo que hicieron se marcharon a sus casas orgullosísimos del valiente acto que habían cometido! Que verguenza!
y estos son los que se llenan la boca con palabras como tolerancia, progresista, libertad de expresión...
ah no, perdón, todo es válido para ellos pero no para los demás
Y yo pregunto ¿Quiénes son los dictadores? ¿quiénes son los violentos?