domingo, 10 de febrero de 2008

O PARTIDO POPULAR SUXÍRELLE A CACABELOS QUE EXPLIQUE EL POR QUÉ CAMBIOU DE OPINIÓN E SE EMPEÑA EN INSTALAR A DEPURADORA ONDE A MAIORÍA NON A QUERE

Fotografía procedente de www.todogrove.com

As alegacións do PP “demostran coherencia coa nosa etapa no Goberno, na que o proxecto da EDAR no Corgo foi aprobado polo oitenta por cento da Corporación”, salienta Miguel Ángel Pérez
· O feito de que lle extrane que a oposición se posicione “dá mostra do talante deste alcalde, que desculpa aos veciños nun intento de congraciarse con eles porque veñen eleccións”.
· Miguel Pérez considera “curioso” que o Colectivo Ecoloxista do Salnés “apoie agora un proxecto que antes denostaba, cecais como contraprestación á desaparición do Tiro ao Pichón da Toxa, impulsada polo cuatripartito”.


O Grove, 9 de febrero de 2008.- En resposta ás declaración do alcalde do Grove sobre as alegacións presentadas ao proxecto da EDAR, o Partido Popular suxírelle a Cacabelos que sexa él quen explique por qué cambiou de opinión e se empeña agora en instalar a depuradora onde a maioría non a quere. O portavoz do Grupo Municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, salienta que nas alegacións que presentaron ao proxecto “están abondo explicadas as razóns polas que nos opoñemos” e, sobre todo, “demostran coherencia coa nosa etapa no Goberno, na que o proxecto da EDAR no Corgo foi aprobado polo oitenta por cento da Corporación”, salienta Miguel Ángel Pérez.

Polo contrario, indica Pérez, “as explicacións tenas que dar él, que retomou aquel traballo para continuar os trámites previstos e, sen embargo, tivo que tragar coa imposición dalgún compañeiro de viaxe”. Cacabelos, engade, “cedeu ás presións dos seus socios sen importarlle que ese cambio de postura supuxera pasar dunha decisión que non provocou nin unha queixa a outra que está a enfrontar a todo o mundo”, o que ven demostrar que “a Cacabelos impórtanlle moito máis os seus intereses particulares que os dos veciños do Grove”.
Para Miguel Ángel Pérez, o feito de que lle extrane que a oposición se posicione “dá mostra do talante deste alcalde, que desculpa aos veciños nun intento de congraciarse con eles porque veñen eleccións”. “Se de verdade lle preocupan –apunta- que lles saque a EDAR”.

AFÁN MANIPULADOR DO ALCALDE
Doutra banda, o portavoz popular considera “curioso” que o Colectivo Ecoloxista do Salnés (C.E.S) “apoie agora un proxecto que antes denostaba, cecais como contraprestación á desaparición do Tiro ao Pichón da Toxa, impulsada polo cuatripartito”, así como a outras decisións como “deixar sen luz a estrada na que se está a obrar en Ardia, onde se suprime a iluminación que leva dazaseis anos funcionando”. A postura do C.E.S “contrasta sorprendentemente coa de Adega, que coincide substancialmente nas súas alegacións coa oposición”.
Miguel Pérez fai fincapé en que “por suposto que nós queremos que se depuren as augas residuais”, en contra do que afirma o alcalde “noutra demostración máis do seu afán manipulador e de pretender confundir aos veciños”. “Queremos a depuradora –sinala- pero non a queremos alí, senón onde estaba proxectada, no Corgo, lugar no que non afectaría a ningún proxecto de futuro”.
Igualmente, reitera que as diferencias entre o proxecto inicialmente previsto e o do cuatripartito “son abondo significativas para decatarse de que a decisión do actual Goberno local non ten xustificación alguna”. Entre tales diferencias, menciona que, mentres a EDAR proxectada para O Corgo resultaba máis económica e era unha instalación compacta, baseada en procesos químicos, que requería menos espazo e menos mantemento, a que se vai instalar en Laxe de Rons é moito máis cara, aberta, con balsas decantadoras de fangos activos e require moita máis superficie, ademais de que “todas as que coñecemos destas características conlevaron unha forte polémica polos problemas posteriores”.

No hay comentarios: