sábado, 2 de febrero de 2008

O INCUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS DO ALCALDE E DO SEU PARTIDO ESTÁN A LEVAR O CAMPIONATO DE TIRO AO POMBIÑO DA TOXA Á SÚA DESAPARICIÓN






.....
......
...................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Manifestación contra o tiro ao pombiño.......................Promesas incumpridas do PSOE
Fotografías procedentes de www.todogrove.com
Miguel Pérez acusou hoxe ao Goberno local do Grove de “falar moito de plans que nunca se fan” e de amosar “un desinterese absoluto polo Turismo, malia ser motor fundamental da economía do municipio”
· “Non soubemos nada máis das promesas de Touriño na última campaña electoral de facer todos os esforzos para que continuara celebrándose este evento de tanta importancia para a hostelería local”, sinalou Pérez, quen amosou o seu temor a que “agora, que volvemos estar en campaña, volvan enchernos de promesas que non van cumprir”.
· O voceiro do Grupo municipal do PP salientou que o Consello Sectorial de Turismo permitiu acadar, na etapa anterior, “importantes melloras para o concello que, en lugar de ampliarse, están quedando estancadas pola deixadez e falta de vocación de diálogo do cuatripartito”.
O Grove, 1 de febreiro de 2008.- O incumprimento dos compromisos adquiridos polo alcalde do Grove e polo seu partido están a levar o campeonato de Tiro ao Pombiño da Toxa á súa desaparición. Así o puxo hoxe de manifestó o voceiro do Grupo municipal do Partido Popular do Grove, Miguel Ángel Pérez, quen puxo este feito como exemplo do “abandono clamoroso, dentro da deixadez xeral deste Goberno, de todo o concernente á promoción e apoio do Turismo como motor socioeconómico fundamental para este municipio”.
Miguel Pérez lembrou que o propio presidente da Xunta comprometeu, na campaña das últimas eleccións municipais, o seu esforzo para que o campionato seguira celebrándose, o que cualificou como “unha mentira máis dos socialistas xa que, pasadas as eleccións, o presidente non volveu preocuparse polo tema, o conselleiro de Medio Ambiente o único que fixo é poner trabas e os representantes do seu partido no Goberno local limitáronse a tibias declaracións e algunha xuntanza sen resultado algún”
O GOBERNO NON SOLUCIONA NIN OFRECE ALTERNATIVAS
“Non soubemos nada máis das promesas de Touriño na última campaña electoral de facer todos os esforzos para que continuara celebrándose este evento de tanta importancia para a hostelería local”, sinalou Pérez, quen amosou o seu temor a que “agora, que volvemos estar en campaña, volvan enchernos de promesas que non van cumprir”. O presidente local do PP fixo fincapé na relevancia que o campionato ten para o sector turístico e de servizos, dado que “ao ocupar gran parte da primeira quincena de xullo, supoñía un fenomenal arranque da temporada alta” e criticou que o Goberno local “non só non soluciona o tema, senón que tampouco ofrece alternativas, malia ser outra das súas reiteradas promesas”.
Miguel Pérez acusou ao Goberno local do Grove de “falar moito de plans que nunca se fan” e de amosar “un desinterese absoluto polo Turismo, malia ser motor fundamental da economía do municipio”. A única xestión ao respecto, apuntou “consiste en dicir que están a elaborar plans, pero ninguén os coñece e nunca se informa deles”.
Doutra banda, referiuse á negativa do Goberno a convocar o Consello Sectorial de Turismo e salientou que o dito órgano permitiu, na etapa anterior “importantes melloras para o concello que, en lugar de ampliarse, están quedando estancadas pola deixadez e falta de vocación de diálogo do cuatripartito”. Pérez lembrou que o devandito Consello, no que están representados todos os partidos políticos da Corporación, a Asociación de Hostelería, o Centro de Iniciativas Turísticas, a Asociación de Empresarios a confraría e a cooperativa Amegrove, “está concebido como un apoio ao Goberno nesta materia e un foro onde xerar ideas que contribúan á mellora dos servizos e á desestacionalización”.

LOGROS DA ETAPA ANTERIOR
Entre os logros acadados na materia nos últimos anos, salientou o Plan de Excelencia Turística, os calendarios anuais de participación nas máis importantes feiras de España e Portugal, a participación nos Work-Shops organizados por Turgalicia, o dimensionamento da Festa do Marisco “ata límites impensables para eles, converténdoa nun polo de atracción de milleiros de persoas de toda España en temporada baixa”, ou a creación das Xornadas Gastronómicas do Centolo. Así mesmo, “apostamos pola creación dun Consorcio de Turismo cos demais concellos da comarca, impulsamos a presentación da Festa do Marisco no exterior, que algún membro deste Goberno, concretamente do BNG, quixo erradicar, e pasamos de unha a cinco bandeira azuis nos nosos areais, aos que dotamos de todos os servizos”.
Feitos, todos eles, “que supuxeron unha óptima base para seguir avanzando neste sector tan crucial para O Grove pero que agora poden quedar en nada pola actitude deste Goberno que se dí progresista pero que nin actúa, nin opina se non é para criticar, nin quere o diálogo que tanto defende de boquilla”.
“Os socialistas teñen como único obxectivo gañar eleccións para acceder ao poder, pero non gobernar de verdade”, subliñou Miguel Ángel Pérez, quen afirmou que “por iso pactan con quen faga falta e por iso non teñen ningún pudor en lanzar promesas que saben que non van cumprir, pero xa demostraron sobradamente que non son creíbles nin de fiar”.

No hay comentarios: