lunes, 24 de septiembre de 2007

ROGOS E PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DO 24/09/2007

Primeiramente, permítanme expresarlles a miña preocupación pola integridade emocional do concelleiro Lamelas e desexar que esta non se vexa alterada nesta sesión plenaria pola presenza de símbolos representativos do noso Estado social e democrático de dereito. Estado de dereito que recoñece como forma política a Monarquía parlamentaria, como se recolle no artigo 1 da Constitución. E grazas a ela e o consenso acadado na súa elaboración hoxe disfrutamos dunha marabillosa pluralidade política. A Carta Magna permitiu entonces que numerosas formacións políticas foran legalizadas.
Os valores constitucionais, que vostede ultraxa, permítenlle que na súa intimidade faga vostede o que lle pete, dentro dunhas normas establecidas de convivencia. Pero agora, é vostede unha persoa cunha responsabilidade institucional, e nesas situacións debe se comportar acorde o cargo electo de representatividade do noso pobo. Lembro que esta observación xa lle foi feita polo sr. Alcalde e algún membro máis do grupo de goberno os que aínda lles queda sentidiño.Que non a todos por desgraza.

Foi o redor do medio dia do 16 de xuño de este ano cando o sr. Secretario lle facía a vostede o igual que ó resto de concelleiros electos a seguinte pregunta: “ ¿xura ou promete pola vosa conciencia e honor, cumprir fielmente o cargo de concelleiro deste Concello con lealdade ó Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado? A súa resposta, corríxame se me equivoco, foi “ si prometo”.
Sobran as palabras. Pero sobre todo que pouco valor lle da vostede as súas promesas e que mancada se atopa a súa imaxe e o que é peor, a súa palabra.
E por elo que o Partido Popular do Grove RÓGALLE a vostede, sr. Lamelas, que faga un exercicio de composición de lugar e atope a madurez precisa para exercer o sempre orgulloso cargo de concelleiro do pobo do Grove. De non ser así, sempre lle quedará a alternativa da honrosa retirada.
Do mesmo xeito, ROGAMOS ao sr. Alcalde encomende sen máis tardanza aos Servizos Xurídicos do Concello a elaboración dun informe pormenorizado de se o comportamento do concelleiro Lamelas o día de autos, descolgando o cadro do Rei e deixándoo no chan de cara a parede resulta constitutivo de delito, tendo en conta o xuramento por el realizado e xa mencionado con anterioridade.

TEMA 2 : LIMPEZA PÚBLICA

Sr. Cacabelos, hoxe debo recoñecer publicamente que é a primeira vez, e espero non sexa a última, que coincido con vostede, logo de ler a entrevista publicada onte no Faro de Vigo: a xestión do concelleiro delegado de Limpeza estase a amosar máis que deficiente.
Nembargante, sr. Bea, quero facelo participe da miña consideración máis distinguida. O seu éxito deportivo o precede. Persoalmente, coido que é vostede o deportista máis importante da historia do noso pobo.
Créame si lle digo, sr. Alcalde, que voltar a plantexar esta cuestión, que vai camiño de se converter pleno tras pleno nunha sección fixa se vostede e a súa responsabilidade como Alcalde non o remedia, non é algo do noso agrado en absoluto.
Pero “pese a quen pese”, é a nosa obriga denunciar e o mesmo tempo aportar alternativas e posibles solucións. Esa é a verdadeira tarefa dunha política fiscalizadora dende a oposición. Máis tamén coñezo por experiencia cal é a obriga do, grupo no noso caso, dos grupos no seu, de goberno: aportar solucións coherentes os problemas e necesidades dos nosos veciños. Así, sen máis florituras nin demagoxias.
E para elo, si a xestión das diferentes áreas se mostra ineficaz, asesores máximos incluídos, sempre lle queda a vostede a intelixente alternativa de escoitar e asimilar as propostas dos grupos da oposición.
Mellor lle tivera sido si algúns dos seus compañeiros do goberno se preocuparan en axudarlle a traballar na busca de solucións os problemas dos veciños, e non perder o
tempo rebuscando arañas no faiado, retirando monolitos con nocturnidade ou mollando os cueiros redecorando os cadros Reais do salón de plenos.
E nesas nos atopamos. Xa no pleno pasado, sr. Cacabelos, o Grupo Municipal Popular facía denuncia da situación pésima da xestión do departamento de Limpeza, e mesmo a calificabamos de cochambrosa e desastrosa.
Esperanzados de que tomaran boa nota da relación de actuacións que con urxencia eran preciso por en marcha, vemos a día de hoxe que non nos fixeron nin “puñetero caso”.
Ben, debo recoñecer que en algo si nos fixeron caso. Pese a votar en contra da nosa moción plenaria, na cal lles pediamos retomasen a iniciativa que tan bos resultados dera durante o noso goberno de ordenar limpar as fincas indecorosas, puidemos observar que en algunhas rúas se procedeu á limpeza de ditas fincas. Debo crer que foi por actuación do goberno.

De seguido, volvemos a relatarlle un listado de actuacións en materia de limpeza que compre acometer canto antes. Non estamos a inventar nada. Créame, é certo:

- Limpeza de beirarrúas no rural, S. Vicente, Ardia, A Graña, Meloxo,Campos, Terra de Porto, Rons,..... En algúns lugares segue sen ser retirada o lixo da limpeza anterior. En outros é preciso voltar limpar, pois as silvas están a invadir a calzada.
- Aínda que xa se fixo algo, aínda quedan moitas fincas privadas por mandar limpar. Tte. Domínguez, carretera do Conde, avda. de Portugal, O Con, Xoán XXIII, etc.
- Os contenedores de papel –cartón e vidro (Confín, Terra de Porto, Alexandre Bóveda, Luis A. Mestre, nas praias, na Toxa,..etc) botan días cheos a rebentar e sen ser recollidos.O máis paragóxico é que o responsable da empresa que debe baleirar os contenedores é o seu asesor de Limpeza. Algo inconcibible. A súa marabillosa idea de facer que leven o cartón o contenedor do almacén, o que está a provocar é que a xente desmenuce o cartón e o vote no contenedor de orgánico, co cal nin se separa nin se recicla. Sabemos que é un apartado que hai que mellorar. Pero este non é o xeito. Ademais os comerciantes pagan unha taxa do lixo máis alta cos domicilios, polo que debe dárselle outro tipo de servizo. O que debe estar encantada debe ser a empresa de recollida, pois xa se lle fai o traballo polo que cobra. O Partido Popular plantexará unha alternativa máis acorde a posible solución desta cuestión.
- O entorno dos puntos de contenerización en algúns barrios e rúas están cheos de refugallos ( Baladas, S. Vicente, S. Vicente do Mar, Xoán XXIII, Sineiro, rúa do Sol, Confín, Virxe das Mareas, Lordelo, O Con, as Besadas,..etc). Nas Baladas o lixo leva todo o verán si se retirar. Menos mal que de vez en cando uns señores morenos nunha furgoneta retiran a chatarra, que si non... É de vergoña.
- O lixo de limpar as praias, en algunhas delas como as Roibas, Piñeirón, permanece no monterreiro. Iso si, xuntada. Pero non a retiraron.
- O marxes das carreteras de acceso as praias están cheos de silvas. Vexa vostede por exemplo a de Areas de Reboredo. Tamén con bandeira azul. Ten silvas hasta nas pasarelas de madeira. En todo o verán non se limparon as silvas.
- No esteiro de Terra de Porto acumúlase dende o verán lixo que compre retirar.
- A basura no ecopunto portuario de Porto Meloxo é un escándalo. Escandalazo. A competencia da súa limpeza é de Portos. Compre facer xestións para que a empresa adxudicataria do mantemento cumpra.
- A folga da empresa Isolux- Corsán Corvián que recolle os envases, puxo de manifesto unha vez máis, a deficiente capacidade de xestión do concelleiro. Este agachaba a incapacidade de aportar alternativas nas reivindicacións sindicais. Mentres, os contenedores a votar por fora eran a imaxe que O Grove daba na prensa do pais. Si a folga durara seis meses, que pasaría?

Por todo iso ROGAMOS:
se teñan en conta dunha vez estas cuestións e se traballe na súa solución inmediata. A xestión do departamento de Limpeza é un traballo diario e constante. Non sempre se está suficientemente ben.

TEMA 3: EDAR

O retiro estival do Presidente da Xunta na Correeira, deulle a vostede e a moitos coma vostede a posibilidade de se ilusionar coa consecución case máxica, de obras pendentes e necesarias para o noso pobo. Mesmo se chegou a falar de débeda histórica.
Unha delas é a estación depuradora. Lembro tamén que foi unha das peticións que o P.G., a cambio do seu voto nas reunión postelectorais, lle fixo o Conselleiro Vázquez en Vigo. Pero a realidade pon a cada un no seu lugar.
De volta en Santiago, o Presidente Touriño pronto se lle esqueceu o ben que o trataron no noso pobo, e con elo esas obras tan necesarias. O primeiro consello da Xunta o 30/08/07 aprobaba 38 millóns de € de inversións nas EDAR de Baiona, Carral-Abegondo e Muros. Aquí, o goberno local non se pon de acordo nin sequera no lugar da súa ubicación.

PREGUNTÁMOS, para cando a nosa EDAR?

TEMA 4: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O anterior goberno do Concello puxo en materia de educación melloras e iniciativas que de seguro contribuíron a mellorar a oferta formativa e pedagóxica ofertada dende os colexios. Unha delas, foi a creación dun programa de actividades extraescolares, o Programa Contempo, en colaboración coa ANPA de Valle-Inclán. Deste programa se beneficiaban centos de rapaces, de xeito totalmente gratuíto. Somos conscientes, aínda que dende a Concellería de Educación ninguén nós tivera informado, que a Sra. Outeda ten para este área novas ideas e propostas que antes non se tiveron ofertado nin desde o Concello. Coñecemos tamén a dificultade que se lle plantexa ós clubs deportivos a chegada de centos de novos deportistas.
Dende o Partido Popular, PREGUNTAMOS á Sra. concelleira, cales son as súas novas propostas para o novo curso neste senso?

TEMA 5:TRANSPORTES

Os comentarios e opinións aparecidos en prensa, logo de que o Partido Popular non apoiara a dedicación exclusiva do sr. Besada como concelleiro de Vivenda e Solo, baseándose en criterios absolutamente obxectivos e reais referenciados o estado actual do PXOM, derivaron en xoias tales como “ o PP creou concellerías só para saír na foto” (Besada dixit). Pois ben, hai agora unha concellería chamada de Transportes da que é responsable a Sra. Canoura, compañeira de partido do sr. Besada. A nós as funcións de dita concellería créanos demasiadas dúbidas: tratarán de achegar por fin o AVE o Grove. Ou quizás teremos unha fermosa liña de metro a S. Vivente e praias con saída a Estoño e Altiño Bulevar. Ou un novo aeroporto internacional.
Pola prensa, coñecemos a grandiosa xestión feita diante dos responsables da Xunta no tema do bus a S. Vicente. Eu son de Reboredo.
Dende o Partido Popular PREGUNTAMOS á Sra. concelleira de Transportes cales son os obxectivos da súa concellería para os vindeiros catro anos?

Fernando M. Meis
Concelleiro do Partido Popular

No hay comentarios: