O PP esixe coñecer o estudio que dí ter o cuatripartito e considera “indignante” que se lles pida paciencia aos veciños en lugar de atendelos e darlles información
• Miguel Pérez lembra que existe un acordo plenario para situar a depuradora no lugar da actual estación de pretratamento e que os terreos nos que pretende instalala o Concello están afectados pola Demarcación de Costas
O Grove, 28 de novembro de 2007.- O cambio de ubicación para a estación depuradora de augas residuais do Grove que pretende o Goberno local é un capricho deste que sairá moi caro para as arcas públicas. O Partido Popular esixirá ao Concello coñecer o estudio que dí ter o cuatripartito en relación con este proxecto e considera “indignante” que se lles pida paciencia aos veciños en lugar de atendelos e darlles información.
O Grove conta na actualidade cunha estación de pretratamento de augas residuais, ubicada en zona portuaria, e Augas de Galicia elaborou xa un anteproxecto para convertela nunha depuradora. Levar esta instalación a unha zona distinta suporía “un aumento considerable do orzamento”, segundo explica o voceiro do PP, Miguel Pérez, quen salienta que o cambio implicaría que “na actual ubicación habería que instalar necesariamente unha gran estación de bombeo que levase as augas sucias á nova depuradora, o que implicaría un custo de mantemento brutal, que recaería directamente nos gastos municipais e, en definitiva, nos petos dos cidadáns, que moi probablemente sofrirían unha nova suba de impostos, despois da que se vai efectuar xa o vindeiro mes”.
Miguel Pérez lembra que existe un acordo plenario “apoiado polo PSOE” para situar a depuradora no lugar da actual estación de pretratamento e que os terreos nos que pretende instalala o Concello están afectados pola Demarcación de Costas, “o que imposibilitaría a súa execución neles”.
CONTRADICCIÓN CON AUGAS DE GALICIA
Para o voceiro do PP, o estudio que afirma ter o Goberno local ao respecto “vai camiño de converterse nun culebrón, mentres se está a intranquilizar aos veciños dun barrio que xa ten outros problemas e aos que o Goberno nin sequera se digna recibir”. Pérez cualifica de “burla” que o alcalde alegue que ten “unha axenda moi apretada” para non falar cos afectados e subliña que “a prioridade na axenda dun alcalde debe ser a atención aos cidadáns e a resolución dos seus problemas”. En calquera caso, sinala, o cambio de ubicación “contradí o anteproxecto de Augas de Galicia, que está elaborado para o lugar da actual estación de pretratamento, tal como tenía asumido todo o mundo”.
O Partido Popular reclama que o Concello “aclare con urxencia esta cuestión, informe aos veciños e remate co seu empeño absurdo de cambiar as cousas porque sí e de malgastar os cartos públicos en caprichos innecesarios”
No hay comentarios:
Publicar un comentario